The Car é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa de indie rock Arctic Monkeys, publicado o 21 de outubro de 2022 a través do selo Domino Recording Company. Foi composto polo líder do grupo Alex Turner na súa casa dos Ánxeles. Gravouse entre París, Suffolk e Londres coa produción do colaborador habitual do grupo James Ford, xunto cos músicos invitados Tom Rowley, Loren Humphrey e Tyler Parkford. Foi arranxado por Bridget Samuels e Turner. O batería Matt Helders sacou a fotografía da portada, que representa un coche branco nun aparcadoiro baleiro. O seu título refírese a dita portada e á abundancia de referencias a vehículos nas letras.

The Car
Álbum de Arctic Monkeys
Publicado21 de outubro de 2022
Gravación2021 - 2022
Estudio(s)La Frette, París
Butley Priory, Suffolks
RAK, Londres
Duración37:18
Xénero(s)rock orquestral, lounge pop, baroque pop, funk
Selo(s)Domino Recording Company
Producido porJames Ford
Cronoloxía
Tranquility Base Hotel & Casino
(2018)
The Car -

The Car baséase no son do anterior disco da banda, Tranquility Base Hotel and Casino (2018). Conta cunha ampla gama de xéneros que inclúen rock orquestral, lounge pop, baroque pop e funk, así como elementos de jazz. Tamén está influenciado pola música soul, a electrónica, o glam rock, a bossa nova, o pop tradicional e a música de películas antiga.

O álbum foi aclamado pola crítica tras o seu lanzamento. Os críticos loubaron a progresión artística da banda, a produción do álbum e as letras de Turner. O traballo estreouse no número 2 en dez países, incluído o Reino Unido, non chegando ao primeiro lugar por mor do disco Midnights de Taylor Swift.[1] Foi o primeiro álbum de Arctic Monkeys que non chegou ao número 1 da lista británica. O disco foi promocionado polos sinxelos "There'd Better Be a Mirrorball", "Body Paint" e "I Ain't Quite Where I Think I Am". The Car acadou o posto 6 da lista estadounidense Billboard 200.[2]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Alex Turner, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "There'd Better Be a Mirrorball"    4:25
2. "I Ain't Quite Where I Think I Am"    3:11
3. "Sculptures of Anything Goes"   3:59
4. "Jet Skis on the Moat"   3:17
5. "Body Paint"    4:50
6. "The Car"    3:18
7. "Big Ideas"    3:57
8. "Hello You"    4:04
9. "Mr Schwartz"  
  • Turner
  • Rowley
3:30
10. "Perfect Sense"    2:47
37:18

Notas editar

  1. "Official Albums Chart Top 100". www.officialcharts.com (en inglés). Consultado o 2022-11-05. 
  2. Cabison, Rosalie (2013-01-02). "Billboard 200". Billboard (en inglés). Consultado o 2022-11-05.