Nome oficial que reciben os afeccionados do Celtic e que tamén reciben o alcume non oficial de The Hoops, The 'Tic e Sellic.

Adoitan ser na súa meirande parte de crenza católica e de nacionalidade escocesa, irlandesa e norteirlandesa aínda que tamén hai importantes colectivos de seareiros en Australia, os Estados Unidos e Inglaterra e outros menores noutros países anglosaxóns coma o Canadá ou Nova Zelandia e tamén seguidores espallados alén das nacións de fala inglesa.