The Atlas of Middle-earth

obra cartográfica de Karen Wynn Fonstad sobre o universo ficticio de J. R. R. Tolkien

The Atlas of Middle-earth é un atlas creado por Karen Wynn Fonstad para o mundo ficticio da Terra Media, creado por J. R. R. Tolkien.[1] Foi publicado en 1981, despois da morte de Tolkien e da publicación das súas obras máis importantes, O hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.

The Atlas of Middle-earth
Título orixinalThe Atlas of Middle-earth
Autor/aKaren Wynn Fonstad
Ilustrador/aKaren Wynn Fonstad
CubertaAlan Lee (segunda edición)
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Tema(s)Cartografía
Editorial Houghton Mifflin
Data de pub. 1981
FormatoTapas duras
ISBNISBN 0-395-53516-6
editar datos en Wikidata ]

The Atlas inclúe moitos mapas detallados das terras descritas nas obras de Tolkien. Unha versión revisada e actualizada do libro foi publicada en 1991, logo da publicación de oito volumes de The History of Middle-earth, editados por Christopher Tolkien logo da morte do seu pai. No ano 2001 publicouse unha reedición.

Os mapas trátanse coma se fosen de paisaxes reais, debuxados segundo as regras dun atlas real. Para cada zona tense en conta a historia da terra, así como a xeografía a maior escala e a partir de aí debúxanse mapas. O contido inclúe suxestións sobre a xeoloxía que poderían explicar varias formacións e puntos contraditorios entre varias fontes.

Os mapas das cidades e dos andares dos edificios importantes tamén están incluídos.

Karen Wynn Fonstad obtivo un máster en Xeografía, especializado en cartografía, na Universidade de Oklahoma, e traballou como Directora de Servizos Cartográficos na Universidade de Wisconsin-Oshkosh antes de que se concentrase na crianza de nenos e escribir atlas de mundos de ficción.[2]

Notas editar

  1. George Beahm (2004). The Essential J. R. R. Tolkien Sourcebook. ISBN 9781564147028. 
  2. "About the Author", The Atlas of Pern, Nova York: Del Rey Books, 1984. Back endpapers.