The Alan Parsons Project
The Alan Parsons Project foi unha banda de rock inglesa activa entre 1975 e 1990,[1] cuxos membros principais eran o produtor, enxeñeiro de son, músico e compositor Alan Parsons e o cantante, compositor e pianista Eric Woolfson. Estiveron acompañados por distintos músicos de sesión, algúns deles relativamente constantes, como o guitarrista Ian Bairnson, o arranxador Andrew Powell, o baixista e vocalista David Paton, o batería Stuart Elliott, e os vocalistas Lenny Zakatek e Chris Rainbow. Parsons e Woolfson compartiron as tarefas de composición en case todos os temas do grupo, encargándose Parsons de producir ou coproducir todas as gravacións.
The Alan Parsons Project | |
---|---|
The Alan Parsons Live Project en 2017 | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1975 - 1990 |
Xénero(s) | rock progresivo, art rock, pop progresivo, soft rock |
Selo(s) discográfico(s) | Charisma Records, Arista Records |
Membros | Alan Parsons Eric Woolfson |
Na rede | |
the-alan-parsons-project.com | |
The Alan Parsons Project publicou once álbums de estudio nos seus 15 anos de carreira, sendo os máis exitosos I Robot (1977) e Eye in the Sky (1982). Moitos dos seus álbums teñen unha natureza conceptual e céntranse na ciencia ficción, no sobrenatural e temas literarios e sociolóxicos. Entre os temas máis populares do grupo atópanse "I Wouldn't Want to Be Like You", "Games People Play", "Time", "Sirius"/"Eye in the Sky" e "Don't Answer Me".
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Tales of Mystery and Imagination | 1976 | Charisma Records |
I Robot | 1977 | Arista Records |
Pyramid | 1978 | Arista Records |
Eve | 1979 | Arista Records |
The Turn of a Friendly Card | 1980 | Arista Records |
Eye in the Sky | 1982 | Arista Records |
Ammonia Avenue | 1984 | Arista Records |
Vulture Culture | 1985 | Arista Records |
Stereotomy | 1985 | Arista Records |
Gaudi | 1987 | Arista Records |
Freudiana | 1990 | EMI |
The Sicilian Defence | 2014 | Arista Records |
Notas
editar- ↑ "Alan Parsons - Bio FAQ Discography". web.archive.org. 2009-12-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 2022-11-17.