O tetuaní ou tetuani (en hebreo: תטואנית; en árabe: تطوانى) é un dialecto do haquetía, tamén referido como subdialecto do ladino. Era o dialecto falado por un grupo étnico coñecido como xudeus de Orán, dunha cidade de Alxeria. A denominación desta variante lingüística provén de Tetuán (Marrocos) que era a orixe de moitos dos xudeus que vivían en Orán.[1][2]

Cando se expulsaron as comunidades sefardís, nos reinos de Portugal e España principalmente, os xudeus buscaron outras paraxes onde vivir, e pensaron en refuxiarse nos estados musulmáns do norte da África. Neste escenario, a cidade de Orán tórnase un polo atraente, ocorrendo grandes migracións durante os séculos XVII e XIX. Esta migración ten un período peculiar no terceiro cuarto do século XIX, momento no cal unha grande onda de xudeus oriúndos de Tetuán chegan á rexión, mesturándose ás outras vagas migratorias xudías de distintas orixes mais con alto grao de identidade, como no que refire á linguaxe hispánica.[3][4][5]

Os xudeus de Oran, de facto, falaban un conxunto variado de linguas e dialectos, de diversificadas orixes, pero coa chegada dos emigrados de Tetuán o haquetía incorpora outros elementos e tórnase un modo de falar distinguido.[3]

Notas editar

  1. Alicia Sisso Raz. "La ḥaketía" (en haquetía). Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  2. Spolsky, Bernard (2014). Cambridge University Press, ed. The Languages of the Jews: A Sociolinguistic History (en inglés). p. 140. ISBN 978-1-107-05544-5. 
  3. 3,0 3,1 Benichou Gottreich, Emily; Schroeter, Daniel (2011). Indiana University Press, ed. Jewish Culture and Society in North Africa (en inglés). Bloomington. pp. 174, 175. 
  4. Jewish Virtual Library (ed.). "Oran" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 
  5. Sarah Leibovici. "Aproximación hispano-judía en el Marruecos ochocentista (Tetuán, 1862-1896)". Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2015. Consultado o 1 de xaneiro de 2015. 

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.