Tesouro de Wold Newton

tesouro de moeda roma achado en Yorkshire

Coordenadas: 54°08′0.72″N 00°25′30.36″O / 54.1335333, -0.4251000

Tesouro de Wold Newton


· Data do depósito: Ca. 294-307 d. C.

· Período ou cultura: Imperio Romano

· Lugar de aparición: Wold Newton , Yorkshire. Inglaterra.

· Coordenadas: 54°08′0.72″N 00°25′30.36″O / 54.1335333, -0.4251000

· Data do achado: 21 de setembro de 2014.

· Descubridores: David Blakely .

· Composición: 1.857 moedas romanas.

· Materiais: cobre e cerámica.

· Conservación: Museo de Yorkshire

O tesouro de Wold Newton é un tesouro numismático achado en 2014 en Wold Newton, Yorkshire, Inglaterra, composto por 1.857 moedas romanas datadas a principios do século IV d. C., depositadas nun recipiente de cerámica.

Foi adquirido polo Museo de Yorkshire en 2016.

Trátase do maior tesouro romano deste tipo descuberto no norte de Inglaterra.[1]

Descuberta editar

O tesouro foi descuberto polo detector de metais David Blakely o 21 de setembro de 2014 nunha leira preto de Wold Newton, en Yorkshire Leste.[1]

O descubridor notificou o achado ao Portable Antiquities Scheme,[2] o que posibilitou aos arqueólogos o seu estudo in situ.[1][3]

Contido e datación editar

O tesouro de Wold Newton componse de 1.857 moedas de aliaxe de cobre, todas elas nummi excepto un antoniniano. Todos os nummi datan do período 294-307 d.C. e o antoniniano do 268-270 d.C. O feito de que as moedas máis recentes daten de 307 suxire que o tesouro debeu ser agochado preto desa data.[1][3]

A suma de diñeiro agochada equivalía no seu tempo ao salario anual dun lexionario, ao soldo de tres anos dun carpinteiro ou ao de seis anos dun labrego.[1]

As moedas acháronse no interior dunha vasilla de cerámica agrisada do século IV,[1] xunto a un prato fragmentado e outros fragmentos de cerámica, algúns dos cales podería ter servido como tapa da vasilla.[3]

Adquisición e conservación editar

Logo de ser legalmente declarado como tesouro, o achado valorouse en algo máis de 44.000 libras. O Museo de Yorkshire comezou o 25 de xullo de 2016 unha campaña de recadación de fondos co fin de reunir o diñeiro,[4] que incluíu doazóns de centos de persoas de todo o mundo, así como 10.000 libras doadas conxuntamente polo Arts Council England e o Victoria and Albert Museum, e 9.981 libras achegadas por American Friends of the Arts.[1]

O tesouro estivo exposto ao público o 1 de xuño de 2017 no Museo de Yorkshire como parte do Festival Romano de York,[5] e posteriormente pasou a formar parte da súa exposición permanente.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Wold Newton Hoard". Yorkshire Museum.
  2. Griffits, R. "The Wold Newton Hoard and the Portable Antiquities Scheme". York Museums Trust.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Coin Hoard. ID:DUR-16C89F". Portable Antiquities Scheme. 2016.
  4. Bean, D. (2016). "£44,000 appeal to keep Roman coin hoard in York". En The Press. 25 de Xullo.
  5. Willers, D. (2017). "Roman coins to be unveiled at festival". En The Press. 27 de maio

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar