Tesouro de Upchurch
O tesouro de Upchurch é un conxunto de 37 moedas romanas (sestercios) disposto no interior dunha vasilla cerámica, datadas entre os séculos I e II d. C., achado preto da vila de Upchurch, en Kent, Inglaterra, en 1950.
Tesouro de Upchurch | |
Tipo | 37 sestercios romanos |
Data | Século III |
Cultura | Roma Antiga |
Características | |
Materiais | Oricalco e cerámica |
Descuberta | |
Localización | Upchurch , Kent, Reino Unido |
Coordenadas | 51°24′9.72″N 0°40′23.17″L / 51.4027000, -0.6731028 |
Data | 1950 |
O achado
editarNo inverno de 1950 achouse na zona de Slay Hill Marshes, ao noroeste de Upschurch, un recipiente cerámico que contiña 37 sestercios romanos datados entre finais do século I e a segunda metade do século II da nosa era.[1] A 30 metros dese mesmo lugar descubrírase en 1864 outro depósito de moedas romanas.[2]
Todas as moedas estaban moi gastadas e amosaban claros sinais de uso, o que dá conta dun longo período en circulación. Por este mesmo motivo, as peor conservadas son as emitidas a nome de Domiciano (81-96) e as mellor conservadas son as máis recentes, correspondentes á época de Faustina a Nova (161-175).[1]
Segundo a datación das moedas e a análise da vasilla, de pequena barriga, típica da zona, é probable que o conxunto fose agochado a principios do século III.[1]
Segundo o investigador numismático Richard Abdy, o motivo do atesouramento destes sestercios podería deberse a que o custo da aliaxe de oricalco na que están cuñados superaba amplamente, no século III,o valor nominal das moedas, polo que, dado o seu gran tamaño e peso se acumularían a modo de lingotes.[1]
Contido
editarDas 37 moedas orixinais do tesouro, 17 exemplares perdéronse. Os 20 sestercios restantes foron emitidos a nome dos seguintes emperadores:[1]
Emperador | Período | Exemplares | Denominación |
---|---|---|---|
Domiciano | 81-96 | 1 | Sestercio |
Traxano | 98-117 | 3 | |
Hadriano | 117-138 | 8 | |
Antonino Pío | 138-161 | 2 | |
Faustina Maior | 138-140 | 1 | |
M. Aurelio | 161-180 | 4 | |
Faustina Nova | 161-175 | 1 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Upchurch Hoard". Andrewmccabe.ancients.info
- ↑ "Monument Number 418778". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tesouro de Upchurch |
Bibliografía
editar- Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794
- Gray, P. H. K. (1954). "A hoard of sestertii (Domitian-Commodus) from Slayhills Marsh, Upchurch, Kent". En The Numismatic Chronicle. Vol. 14. Nº 44. Royal Numismatic Society. Páxinas 201-203.