Tesouro de Seaton Down

tesouro de moedas en Devon, Inglaterra

O tesouro de Seaton Down é un tesouro de 22.888 moedas romanas de cobre do século IV achado en 2013 nas proximidades de cerca de Seaton Down, en Devon, Inglaterra.

Tesouro de Seaton Down

Tipo 22 888 moedas e 3 lingotes
Data Século IV
Cultura Roma Antiga
Características
Materiais Ferro e aliaxe de cobre
Descuberta
Localización Seaton Down, Devon, Reino Unido Reino Unido
Descubridor/a Laurence Egerton
Data novembro de 2013
Conservación
Localización Royal Albert Memorial Museum

O achado

editar

O tesouro foi atopado en novembro de 2013 polo construtor Laurence Egerton, un afeccionado ás procuras con detector de metais,[1] quen, avisou inmediatamente o propietario dos terreos e co arqueólogo do Consello do Condado de Devon, Bill Horner, que organizou a escavación profesional.[2] En tanto que esta intervención non se producía, Egerton declarou que pasou tres noites durmindo no seu coche nas inmediacións para vixiar o achado.[3][4][5][6]

En palabras do propio Egerton:[2]

Ao principio achei dúas moediñas do tamaño da uña dun polgar asentadas sobre a terra. Decidín remover a terra nese lugar e inmediatamente cheguei a uns lingotes de ferro que estaban colocados directamente encima das moedas. A seguinte pa estaba chea de moedas, esparexidas polo campo. Non tiña nin idea de ata onde chegaban as moedas, así que me detiven inmediatamente e chamei por miña muller para que viñese ao lugar cunha cámara. Entre o achado do tesouro e a escavación do depósito polos arqueólogos, durmín ao pé del no meu coche durante tres noites.

Logo de extraído por un equipo de arqueólogos, o tanto as moedas como os tres lingotes de ferro que as acompañaban, foron enviados ao Museo Británico, onde o seu Departamento de Moedas e Medallas fixo os labores de limpeza, clasificación e catalogación.[2][3]

Pola súa disposición, sábese que as moedas foron soterradas todas ao mesmo tempo e probablemente quedasen gardadas nun saco ou unha bolsa téxtil que se descompuxo co tempo. O peso total do tesouro é de 68 kg.[2][4]

Cabe sinalar que preto do lugar do depósito está a localización dun forte romano e unha probable vila en Honeyditches, construído entre os séculos II e III.[3][2][7][8]

Composición

editar
 
Parte máis superficial do achado, durante a intervención arqueolóxica.[9]

Este tesouro é, polo seu volume, un dos máis grandes xamais atopados de moedas do século IV en todo o territorio do Imperio Romano, e o terceiro achado monetario de Gran Bretaña.[2][3][4]

Todas as moedas foron cuñadas en aliaxe de cobre e datan do período abranguido entre os anos 260 e 348 d. C.[1] O tesouro está composto por 22.888 pezas, case todas elas nummi, emitidas polo emperador Constantino I (306-337 d. C.) e outros membros da súa familia, incluído o reinado conxunto de Constancio II e o seu irmán máis novo Constante (337-340),[3][4][6] este último o derradeiro emperador lexítimo que visitou a Britania.[2]

 
Núcleo do depósito.[10]

As moedas proceden de 17 cecas imperiais romanas diferentes, situadas en nove países actuais, e foron emitidas a nome de 25 autoridades diferentes, entre gobernantes, subgobernantes e membros da familia imperial.[4] Do estudo das súas datas de cuñaxe despréndese que o depósito debeu producirse cara ao ano 350 d. C.[4]

Conservación

editar

No informe anual de 2013 de Portable Antiquities Scheme, o tesouro foi rexistrado co número 1.000.000 dos rexistrados por esta institución.[2]

O tesouro foi exposto no Museo Británico o 25 de setembro de 2014.[5] O Royal Albert Memorial Museum, de Exeter, adquiriu as moedas en xullo de 2016,[3] e pasou a formar parte da súa exposición permanente, na sala Making History ("Facendo historia").[4]

  1. 1,0 1,1 "Roman 20,000 coins hoard 'among largest'". En BBC News. 26 de setembro de 2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Lewis, M. "Portable Antiquities Scheme records one millionth find". The Portable Antiquities Scheme.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Roman coin hoard, one of the largest found in UK, unearthed by builder". En The Guardian. 26 de setembro de 2014.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Local archaeology: Seaton Down Hoard Arquivado 21 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Royal Albert Memorial Museum (Rammuseum.org.uk).
  5. 5,0 5,1 Kelly, S. (2014). "Treasure hunter slept in his car to protect record-breaking Roman coin discovery". En Mirror. 26 de setembro de 2014.
  6. 6,0 6,1 Starck, J. (2014). "Roman coin find among largest hoards in Great Britain". En Coin World. 3 de outubro de 2014.
  7. "Roman and earlier settlement at Honeyditches". Historicengland.org.uk
  8. "Monument Number 449679". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
  9. "Coin Hoard: Seaton Down being excavated". Portable Antiquities Schema.
  10. "Coin Hoard : Seaton Down (main clump)". Portable Antiquities Schema.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar