Tesouro de Binnington Carr
Coordenadas: 54°11′53.16″N 00°26′47.72″O / 54.1981000, -0.4465889
Tesouro de Binnington Carr | |
---|---|
· Data do depósito: Ca. 75 d. C.
· Período ou cultura: Imperio Romano · Lugar de aparición: Binnington Carr , Yorkshire Norte. · Coordenadas: 54°11′53.16″N 00°26′47.72″O / 54.1981000, -0.4465889 · Data do achado: Ca. 1876 · Descubridor: · Composición: 12 denarios e unha campá. · Materiais: prata e aliaxe de cobre. · Conservación: Museo de Yorkshire. |
O tesoro de Binnington Carr é un tesouro de moedas romanas de prata que data de finais do século I d. C., composto por 12 denarios de prata e unha campá de aliaxe de cobre.[1]
Achado
editarO tesouro apareceu no transcurso duns traballos agrícolas nunha leira en Binnington, preto de Willerby, Yorkshire Norte, cara ao ano 1876.[1]
Contido
editarA ducia de moedas de prata que compoñen o tesouro son denarios romanos, un de Xulio César (49-44 a. C.), un de Nerón (54-68 d. C.), tres de Vitelio (68 d.C.) e sete de Vespasiano (69-79 d. C.).[1][2]
As moedas apareceron aloxadas no interior dunha campá de aliaxe de cobre.[3] Á campá faltáballe o badalo, e só quedaban restos do que fora unha grampa de fierro para a pendurar.[1]
Conservación
editarO achado chegou a mans de George Edson cara a 1881, e logo foi adquirido polo cóengo J. R. Raine na venda levada a cabo por George Edson, en 1891.[1]
Posteriormente tanto as moedas como a campá pasaron ao Museo de Yorkshire, en York, de cuxa colección permanente forman parte.[1][3][4]
En 2014, o tesouro incluíuse nunha exposición en liña de Google Arts & Culture titulada Yorkshire Hoards.[5][6][7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Monument Number 64828". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
- ↑ Eckardt, H.; Williams, S. (2018). "The Sound of Magic? Bells in Roman Britain". En Britannia. 49: 179-210.
- ↑ 3,0 3,1 "Binnington Carr Hoard: bell". York Museums Trust.
- ↑ "Binnington Carr Hoard: denarius". York Museums Trust.
- ↑ "Yorkshire Hoards". Google Arts & Culture.
- ↑ "Binnington Barr hoard bell". Google Arts & Culture.
- ↑ "Binnington Barr hoard denarius". Google Arts & Culture.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794