Terra Nova
- Este artigo refírese á illa no Océano Atlántico. Para a provincia canadense antigamente (e aínda coloquialmente) coñecida como Terra Nova, vexa Terra Nova e Labrador.
Terra Nova[2][3][4] (Inglés: Newfoundland; Francés: Terre-Neuve; Irlandés: Talamh an Éisc; Latín: Terra Nova) é unha grande illa situada na costa nororiental de Norteamérica, e a parte máis poboada da provincia Canadense de Terra Nova e Labrador. A illa de Newfoundland (orixinalmente chamada Terra Nova) foi máis probablemente nomeada por primeira vez polo italiano John Cabot (Giovanni Caboto) en 1497, o que o convertería no máis antigo nome de orixe europea en Norteamérica. A provincia na que a illa está situada chamábase tamén Terra Nova ata o ano 2001, cando o seu nome foi cambiado por Terra Nova e Labrador.
Terra Nova | |
---|---|
Terre-Neuve (francés) Taqamkuk (míkmaw) Talamh an Éisc (gaélico) Ikkarumikluak (inuttitut) | |
![]() Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Terra Nova e Labrador |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 49°00′N 56°00′O / 49.000, -56.000 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 108.860 km² |
Perímetro | 9.656 |
Punto máis alto | 814 m. O Cabox |
Demografía | |
Capital | San Xoán de Terra Nova (200.600 hab.) |
Poboación | 479.105[1] (2006) |
Terra Nova está separada da Península do Labrador polo Estreito de Belle Isle e polo Estreito Cabot. Bloquea a entrada do río Saint Lawrence, creando o golfo de Saint Lawrence, o máis grande estuario do mundo.
Ten 111,390 km² de superficie, o que a converte na décimo quinta illa en tamaño do mundo. A capital da provincia, St. John's, está situada no extremo sueste da illa. O Cabo Spear, ó sur da capital, é o punto máis oriental do Canadá. A illa de Terra Nova ten unha poboación aproximada de 485,000 habitantes.
NotasEditar
- ↑ "2006 Statistics Canada National Census". Statistics Canada. 28 de xullo de 2009.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terranovense.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 122. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.