Terra Gallega (Santiago de Compostela)

periódico galego

Terra Gallega, subtitulado Boletín decenal, foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1918.

Terra Gallega
Fundación1918
Lingualingua galega
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Decenario rexionalista, apareceu o 2 de setembro de 1918. Escrito en galego,[1] estaba vinculado á Irmandade da Fala de Santiago de Compostela. O segundo número apareceu o 11 de setembro.[2] Anunciouse a aparición do número catro para o 10 de outubro con reformas editoriais e no texto.[3] Cesou a súa publicación en outubro co número catro.[4]

  1. La Voz de Galicia, 6-9-1918, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 11-9-1918, p. 2.
  3. Diario de Galicia, 2-10-1918, p. 1.
  4. Gaceta de Galicia, 12-10-1918, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar