Terceira lei da termodinámica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A terceira lei da termodinámica, na súa formulación clásica, debido a Walther Hermann Nernst, estabelece que é imposíbel, por medio dun número finito de etapas (ou estados) atinxir a temperatura do cero absoluto (cero kelvin). Adoita, por isto, recibir tamén o nome de principio da inaccesibilidade do cero absoluto.
Lei cero da termodinámica | |
Primeira lei da termodinámica | |
Segunda lei da termodinámica | |
Terceira lei da termodinámica |
De forma equivalente:
- Ao chegar ao cero absoluto, 0 K, calquera proceso nun sistema físico está detido.
- Ao chegar ao cero absoluto, a entropía alcanza un valor mínimo.
A lei, polo tanto, establece un punto de referencia para determinación do valor da entropía. A ecuación proposta por Nernst e:
onde e a variación de entropía e a temperatura.
No caso dun cristal perfecto dunha substancia pura, a entropía achégase a cero segundo a temperatura tende a cero.
Esta lei entronca co principio de incerteza de Heisenberg, prohibindo do punto de vista microscópico, o acadar o repouso absoluto das moléculas, átomos ou partículas que constitúen a materia.
Co desenvolvemento da mecánica estatística, a terceira lei da termodinámica (como as outras leis) pasou de ser unha lei fundamental (justificado por experiencias) a unha lei derivada (derivado de leis mais básicas). A lei básica da qual e derivada principalmente e a definición estatístico-mecánica de entropía dun sistema macroscópico:
onde S e a entropía, kB a constante de Boltzmann, e o número de microestados consistentes coa configuración macroscópica. A conta de estados é a partir do estado de referencia do cero absoluto, o que corresponde a entropía de S0.