Terauchi Masateke

Terauchi Masatake (en kanji 寺内 正毅, Terauchi é apelido e Masatake é nome), nado en Yamaguchi o 5 de febreiro de en 1852 e finado en Toquio o 3 de novembro de 1919, foi un militar e político xaponés, primeiro ministro entre o 9 de outubro de 1916 e o 29 de setembro de 1918.

Terauchi Masateke
Masatake Terauchi 2.jpg
Nacemento5 de febreiro de 1852
Lugar de nacementoDomínio de Chōshū
Falecemento3 de novembro de 1919
Lugar de falecementoToquio
NacionalidadeXapón
Alma máterRikugun Toyama Gakkō
Ocupaciónpolítico e militar
CónxuxeTaki Terauchi
FillosHisaichi Terauchi
PremiosCabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Order of the Rising Sun with Paulownia Flowers, 1st class, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum e Order of the Golden Kite, 1st Class
Na rede
WikiTree: 宇多田-1
TerauchiM kao.png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Loitou, como soldado, nas guerras civís xaponesas contra o goberno do shogún, perdeu a mobilidade na man dereita durante a campaña contra dos rebeldes de 1877. Destinado en Francia para ampliar a súa formación militar, en 1901 foi nomeado ministro do exército, contribuíndo á vitoria na Guerra Ruso-Xaponesa (1904-1905).

Como o terceiro Xeneral-Residente de Corea, el executou a anexión de Corea en 1910 e converteuse no seu primeiro Gobernador Xeral. Durante a Primeira Guerra Mundial, foi nomeado primeiro ministro e enviou tropas xaponeses a Siberia para coutar a expansión da Revolución rusa á rexión.