Abrir o menú principal

Un teratoma (do grego teras, teratos "pesadelo", "monstro", e -oma "tumor", "inchazón") é un tumor encapsulado con compoñentes de tecidos ou órganos que lembran ós derivados normais das tres capas xerminais. Son raras as ocasións nas que non se poden identificar as tres capas á vez. Os tecidos do teratoma, aínda que son normais en si mesmos, poden ser moi distintos dos tecidos que os rodean. Informáronse de teratomas que conteñen pelo, dentes, óso, e moi raramente órganos complexos como ollos,[1][2] torso,[3][4] mans, pés ou outros membros.[5] Normalmente un teratoma non conterá órganos, senón un ou máis tecidos que normalmente se atopan no cerebro, a tiroides, o fígado e os pulmóns. Ás veces o teratoma contén na súa cápsula un ou máis quistes cheos de fluído e cando se produce un quiste de gran tamaño, o teratoma pode producir unha estrutura que lembra a un feto. Xa que están encapsulados, os teratomas adoitan ser benignos, aínda que se coñecen algunhas formas de teratoma maligno. Un teratoma maduro é tipicamente benigno e atópase máis habitualmente en mulleres, mentres que un teratoma inmaturo es tipicamente maligno e atópase máis a miúdo en homes.

Teratoma
Clasificación e recursos externos
Micrografía dun teratoma.
DiseasesDB3604
eMedicinemed/3449
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Pénsase que os teratomas xa están presentes no nacemento (conxénitos), pero os de pequeno tamaño non son descubertos ata moito máis tarde na vida do individuo.

NotasEditar

  1. Chi JG, Lee YS, Park YS, Chang KY (1984). "Fetus-in-fetu: report of a case". American Journal of Clinical Pathology 82 (1): 115–9. PMID 6540049. 
  2. Sergi C, Ehemann V, Beedgen B, Linderkamp O, Otto HF (1999). "Huge fetal sacrococcygeal teratoma with a completely formed eye and intratumoral DNA ploidy heterogeneity". Pediatric and Developmental Pathology: the Official Journal of the Society for Pediatric Pathology and the Paediatric Pathology Society 2 (1): 50–7. PMID 9841706. 
  3. Kuno N, Kadomatsu K, Nakamura M, Miwa-Fukuchi T, Hirabayashi N, Ishizuka T (2004). "Mature ovarian cystic teratoma with a highly differentiated homunculus: a case report". Birth Defects Research. Part a, Clinical and Molecular Teratology 70 (1): 40–6. PMID 14745894. doi:10.1002/bdra.10133. 
  4. Arlikar JD, Mane SB, Dhende NP, Sanghavi Y, Valand AG, Butale PR (2009). "Fetus in fetu: two case reports and review of literature". Pediatric Surgery International 25 (3): 289–92. PMID 19184054. doi:10.1007/s00383-009-2328-8. 
  5. "Tumor in baby’s brain contained tiny foot". msnbc.msn.com. 18 de decembro de 2008. Consultado o 19-12-2008. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar