Tennis the Menace

duodécimo episodio da duodécima tempada de The Simpsons

"Tennis the Menace" (en galego: "A ameaza do tenis") é o duodécimo episodio da duodécima temporada da serie de animación The Simpsons, estreado o 11 de febreiro de 2001.

Episodio de The Simpsons
"Tennis the Menace"
Episodio número 260
Código de produción CABF07
Data orixinal da estrea 11 de febreiro de 2001
Produtor(es) executivo(s) Mike Scully
Escrito por Ian Maxtone-Graham
Dirixido por Jen Kamerman
Gag do encerado "I will not publish the principal's credit report."
("Non publicarei o informe de créditos do director.")
Gag do sofá O salón está cuberto de xeo, así que a familia chega patinando ao sofá.
Estrela(s) invitada(s) Andre Agassi como si mesmo
Pete Sampras como si mesmo
Venus e Serena Williams como elas mesmas

Sinopse editar

A familia Simpson vai ver un concurso de talentos feita por internos do asilo do avó, que é quen a gaña. Tras isto, o avó vai con Homer a unha tenda de sepulturas. Pese ás peticións do avó, Homer decide non mercar nada e gastar os cartos que ía gastar en facer unha cancha de tenis.

A pista de tenis é construída no xardín. Os veciños de Springfield axiña van a xogar á casa dos Simpsons. Homer é un desastre xogando e fai perder sempre a Marge os partidos. Esta escoita a algúns veciños falando do mal que xogan, e decide pedirlle a Homer que adestre para que os veciños non se sigan burlando.

Porén, Homer abúrrese de xogar, e dille a Bart que o substitúa. Homer inscribe a el e a súa muller a un torneo, pero o día no que ten lugar ese torneo, Marge leva a Bart coma compañeiro en vez de levar a Homer. Isto fai que Homer se anoxe cos dous e que teña un soño de que Bart lograba matalo a el para casar con Marge.

Homer acode a Lisa para que lle diga que lle pasa e ela dille que sofre o síndrome de Edipo. Entón a Homer ocórreselle levar a Lisa a un novo torneo de tenis, o que fai que haxa un período de tensión entre a familia.

O día do novo torneo tócalles xogar ás dúas parellas, Bart e Marge contra Homer e Lisa. Non obstante, a rivalidade entre os dous fai que Marge e Homer substitúan as súas parellas por xogadoras profesionais, Venus e Selena Williams, que foran invitadas a ver ese torneo. Estas substitúen despois a Marge e a Homer por Pete Sampras e por Andre Agassi. A familia acaba sentada na bancada vendo un torneo entre estrelas do tenis e acaba reconciliándose.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar