Templo expiatorio da Sagrada Familia

basílica católica inacabada en Barcelona, deseñada por Antoni Gaudí
(Redirección desde «Templo Expiatorio da Sagrada Familia»)

O Templo Expiatorio da Sagrada Familia (en catalán: Temple Expiatori de la Sagrada Família), coñecido simplemente como Sagrada Familia, é unha basílica[1] católica da cidade de Barcelona, obra non rematada do arquitecto Antoni Gaudí. Iniciada en 1882, é a obra máis importante de Gaudí e o máximo expoñente da arquitectura modernista catalá. Segundo datos do ano 2011, é o monumento máis visitado de España, con 3,2 millóns de visitantes, por riba do Museo do Prado (2,9 millóns) e da Alhambra de Granada (2,3).[2] e é a igrexa máis visitada de Europa tras a basílica de San Pedro do Vaticano.[3]

Templo expiatorio da Sagrada Familia
A Sagrada Familia de Barcelona
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónCataluña Cataluña
TipoBasílica menor
AdvocaciónSagrada Familia
Localización Barcelona
Coordenadas41°24′13″N 2°10′28″L / 41.40369, 2.17433Coordenadas: 41°24′13″N 2°10′28″L / 41.40369, 2.17433
CatalogaciónBen de Interese Cultural
24 de xullo de 1969
RI-51-0003813
Patrimonio da Humanidade
Ano 2005, Ref: 320bis
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseArquidiocese de Barcelona
Arquitectura
Construción1882- actualmente
EstiloModernista
Páxina webwww.sagradafamilia.cat
Barcelona en España
Barcelona
Barcelona
Barcelona en Provincia de Barcelona
Barcelona
Barcelona
editar datos en Wikidata ]
Obras de Antoni Gaudí
Fachada Natividade
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña
Localización41°24′19.8″N 2°10′30.2″L / 41.405500, -2.175056
TipoCultural
CriteriosI, II, IV
Inscrición2005
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador320-005

Historia e características editar

No ano 1882 Josep M. Bocabella adquirira uns terreos para a construción dun templo dedicado á Sagrada Familia. Os desacordos co primeiro arquitecto fixeron que Gaudí pasase a ocuparse das obras, cun novo proxecto moito máis ambicioso. A obra atópase agora aínda no proceso de construción. A data prevista para o remate das obras seguindo o ritmo de hoxe é de 2026.[4]

Nos derradeiros anos da súa vida, Gaudí, na súa meirande parte, traballaba e vivía pola Sagrada Familia, deixando moitos planos, proxectos e esbozos na hora da súa morte.

As obras que actualmente faltan por rematar respectan o proxecto orixinal de Gaudí no seu conxunto, mais non nos seus pormenores, os cales se adaptan á estética moderna e ó estilo dos artistas que os levan a termo.

A obra que realizou Gaudí, é dicir, a fachada do Nacemento e a cripta, foi incluída en 2005 pola UNESCO no Sitio do Patrimonio da Humanidade «Obras de Antoni Gaudí». O Templo foi consagrado e declarado Basílica menor o 7 de novembro de 2010 polo papa Bieito XVI.[5]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. A Sagrada Familia é unha basílica dende 2010, mais non é unha catedral; a Catedral de Barcelona é a Catedral de Santa Baia, un edificio gótico da Idade Media.
  2. Ramon Comorera (15-06-2012). El Periódico, ed. "Sagrada Família de récord". Consultado o 17-07-2012. 
  3. Giralt-Miracle 2012, p. 174.
  4. "La Sagrada Familia – Vive la ciudad de Barcelona". barcelona.vivelaciudad.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 2019-09-05. 
  5. O Papa converterá a Sagrada Familia en Basílica.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Zerbst, Rainer (1988). Antoni Gaudi — A Life Devoted to Architecture. Trans. from German by Doris Jones and Jeremy Gaines. Hamburg, Germany: Taschen. ISBN 3-8228-0074-0. 
  • Nonell, Juan Bassegoda (2004). Antonio Gaudi: Master Architect. New York: Abbeville Press. ISBN 0-7892-0220-4. 
  • Crippa, Maria Antonietta (2003). Peter Gossel, ed. Antoni Gaudi, 1852–1926: From Nature to Architecture. Trans. Jeremy Carden. Hamburg, Germany: Taschen. ISBN 3-8228-2518-2. 
  • Schneider, Rolf (2004). Manfred Leier, ed. 100 most beautiful cathedrals of the world: A journey through five continents. Trans. from German by Susan Ghyearuni and Rae Walter. Edison, New Jersey: Chartwell Books. p. 33. ISBN 978-0-7858-1888-5. 
  • AA.VV. (2001). Lunwerg, Barcelona, ed. Modernisme i Modernistes. ISBN 84-7782-776-1. 
  • Barral i Altet, Javier (2001.). L'isard, Barcelona, ed. Art de Catalunya. Arquitectura religiosa moderna i contemporània. ISBN 84-89931-14-3. 
  • Bassegoda i Nonell, Joan (1989). Ed. Ausa, Sabadell, ed. El gran Gaudí. ISBN 84-86329-44-2. 
  • Bassegoda i Nonell, Joan (2002). Criterio, Madrid, ed. Gaudí o espacio, luz y equilibrio. ISBN 84-95437-10-4. 
  • Bergós i Massó, Joan (1999). Ed. Lunwerg, Barcelona, ed. Gaudí, l'home i l'obra. ISBN 84-7782-617-X. 
  • Bonet i Armengol, Jordi (2001). Ed. Pòrtic, Barcelona, ed. L'últim Gaudí. ISBN 84-7306-727-4. 
  • Crippa, Maria Antonietta (2007). Taschen, Köln, ed. Gaudí. ISBN 978-3-8228-2519-8. 
  • Flores, Carlos (2002). Ed. Empúries, Barcelona, ed. Les lliçons de Gaudí. ISBN 84-7596-949-6. 
  • Fontbona, Francesc y Miralles, Francesc (1985). Ed. 62, Barcelona, ed. Història de l’Art Català. Del modernisme al noucentisme (1888-1917). ISBN 84-297-2282-3. 
  • Giralt-Miracle, Daniel (2002). Gaudí, la búsqueda de la forma (PDF). Lunwerg. ISBN 84-7782-724-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2007. Consultado o 30 de xuño de 2018. 
  • Gómez Gimeno, María José (2006). Mundo Flip Ediciones, ed. La Sagrada Familia. ISBN 84-933983-4-9. 
  • Lacuesta, Raquele (2006). Diputació de Barcelona, Barcelona, ed. Modernisme a l’entorn de Barcelona. ISBN 84-9803-158-3. 
  • Navascués Palácio, Pedro (2000). Espasa Calpe, Madrid, ed. Summa Artis. Arquitectura española (1808-1914). ISBN 84-239-5477-3. 
  • Permanyer, Lluis (1993). Ed. Polígrafa, Barcelona, ed. Barcelona modernista. ISBN 84-343-0723-5. 
  • Puig i Boada, Isidre (1986). Ed. Nou Art Thor, Barcelona, ed. El temple de la Sagrada Família. ISBN 84-7327-135-1. 
  • Tarragona, Josep Maria (1999). Ed. Proa, Barcelona, ed. Gaudí, biografia de l’artista. ISBN 84-8256-726-8. 
  • Van Zandt, Eleyearr (1997). Asppan, ed. La vida y obras de Gaudí. ISBN 0-7525-1106-8. 
  • Zerbst, Rainer (1989). Taschen, ed. Gaudí. ISBN 3-8228-0216-6. 

Ligazóns externas editar