Abrir o menú principal

Tawakkul Abdel-Salam Karman (en árabe: توكل عبد السلام خالد كرمان Tawakkul 'Abd us-Salām Khalid Karmān; tamén transliterado como Tawakul,[1] Tawakel[2][3][4]), nada en Shara'b As Salam (Iemen) o 7 de febreiro de 1979,[4]) é unha xornalista, política e activita polos dereitos humanos iemení. Lidera o grupo "Mulleres xornalistas sen cadeas", que cofundou en 2005.[1] Converteuse na face pública internacional do levantamento do Iemen de 2011, que foi parte da primavera árabe. En 2011, foi chamada "muller de ferro" e "nai da revolución" por algúsn iemenís.[5][6] En 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz,[7] sendo a primeira iemení, a primeira muller árabe,[8] e a segunda muller musulmá que o gañou, ademais da segunda Nobel da Paz máis nova ata o momento.[9]

Tawakkul Karman
Tawakkul Karman (Munich Security Conference 2012).jpg
Nacemento7 de febreiro de 1979
 Ta'izz
NacionalidadeIemen
EtniaÁrabes
RelixiónIslam
Alma máterUniversidade de Saná
Ocupaciónativista pela paz, xornalista, política e Activista polos dereitos humanos
IrmánsSafa Karman
PremiosPremio Nobel da Paz
editar datos en Wikidata ]

Karman gañou protagonismo no seu país despois de 2005 pola súa participación como xornalista e defensora dun novo servizo telefónico de noticias ao que se lle denegou a licenza en 2007, tralo que liderou protestas pola liberdade de prensa. Organizou protestas semanais a partir de maio de 2007 aumentando os asuntos para reformar.[1][10] Redirixiu as protestas iemenís para apoiar a "revolución de xasmín", como chamaba a primavera árabe, logo de que o pobo tunisiano derrocase o goberno de Zine El Abidine Ben Ali en xaneiro de 2011. Foi unha das voceiras da oposición que reclamou o fin do réxime do presidente Ali Abdullah Saleh.[11]

Un cable saudí de WikiLeaks revelou que mentres denunciaba publicamente a Arabia Saudí, estaba organizando reunións secretas cos saudís para requirir o seu apoio. Karman prodigou eloxios aos saudís por forzar un acordo de transición que moitos reformistas viron como unha profunda traizón á revolución. Ela acusou a Abd Rabbuh Mansur Hadi de apoiar os houthis e a Al Qaida.[12]

Índice

TraxectoriaEditar

Tawakkol Karman naceu o 7 de febreiro de 1979 en Shara'b As Salam, gobernación de Taiz.[13] Creceu preto de Taiz, onde estudou, terceira cidade máis grande do Iemen, descrita como un lugar de aprendizaxe nun país conservador.[14] É filla do avogado e político Abdel Salam Karman, que ata a súa dimisión ocupou o cargo de ministro de asuntos legais no goberno de Ali Abdullah Saleh.[10] É irmá do poeta Tariq Karman,[15] e de Safa Karman, avogado, e primeiro cidadán iemení graduado pola escola de dereito de Harvard. Safa é tamén xornalista e traballa para Al-Jazeera.[16] Está casada con Mohammed al-Nahmi[6][17] e é nai de tres fillos.[18]

Karman obtivo un grao en comercio pola Universidade de Ciencia e Tecnoloxía, e graduouse en ciencia política pola Universidade de Saná.[14][16] En 2012, recibiu un doutoramento honorífico en dereito internacional pola Universidade de Alberta no Canadá.[19][20]

Nunha protesta en 2010, unha muller intentou apuñalala cun jambiya mais os seguidores de Karman foron quen de evitar o asalto.[17][21]

Segundo Tariq Karman, "un alto oficial iemení" ameazou telefonicamente de morte a súa irmá de morte o 26 de xaneiro de 2011 se continuaba coas súas protestas públicas.[22] Segundo escribiu Dexter Filkins en The New Yorker, o oficial era o presidente Saleh.[15]

O goberno turco ofreceu a Karman a cidadanía turca e ela recibiu os documentos do ministro de exteriores turco o 11 de outubro de 2012.[23][24][25][26]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Al-Sakkaf, Nadia (17 de xuño de 2010). "Renowned activist and press freedom advocate Tawakul Karman to the Yemen Times: "A day will come when all human rights violators pay for what they did to Yemen"". Women Journalists Without Chains. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  2. Evening Times (Glasgow). Arrest Sparks Protest. 24 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de outubro de 2011 en Lexis-Nexis Database.
  3. Emad Mekay. Arab Women Lead the Charge. Inter Press Service (Johannesburg), 11 de febreiro de 2011. Consultado o 8 outubro de 2011 en Lexis-Nexis Database.
  4. 4,0 4,1 "Yemen laureate figure of hope and controversy". Oman Observer. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  5. Macdonald, Alastair (7 de outubro de 2011). "Nobel honours African, Arab women for peace". Reuters. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  6. 6,0 6,1 Al-Haj, Ahmed; Sarah El-Deeb (7 de outubro de 2011). "Nobel peace winner Tawakkul Karman dubbed 'the mother of Yemen's revolution'". Sun Sentinel. Associated Press. Consultado o 8 de outubro de 2011. 
  7. "Nobel Peace Prize awarded jointly to three women". BBC Online. 7 de outubro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  8. "Profile: Nobel peace laureate Tawakul Karman". BBC Online. 7 de outubro de 2011. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  9. "Yemeni Activist Tawakkul Karman, First Female Arab Nobel Peace Laureate: A Nod for Arab Spring". Democracynow.org. Consultado o 10 de decembro de 2011. 
  10. 10,0 10,1 "Renowned activist and press freedom advocate Tawakul Karman to the Yemen Times:"A day will come when all human rights violators pay for what they did to Yemen."". Yemen Times. 3 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  11. "New protests erupt in Yemen". Al Jazeera English. 29 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  12. yemenanon (27 de xuño de 2015). "Tawakul Karman turns to Saudi in 2011". Consultado o 13 de decembro de 2016. 
  13. "The official website of Tawakkol Karman - Noble Prize Laureate". Tawakkol Abdel-Salam Karman. Consultado o 26 de xullo de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "Tawakkol Karman, figure emblématique du soulèvement au Yémen – L'événement : LaDépêche.fr". Ladepeche.fr. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  15. 15,0 15,1 Filkins, Dexter (1 de agosto de 2011). "Yemen's Protests and the Hope for Reform". The New Yorker. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  16. 16,0 16,1 www.memri.org. "Nobel Peace Prize Laureate Tawakkul Karman – A Profile". Memri.org. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  17. 17,0 17,1 Finn, T. (25 de marzo de 2011). "Tawakul Karman, Yemeni activist, and thorn in the side of Saleh". The Guardian. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  18. Karman, Tawakkol (18 de xuño de 2011). "Yemen's Unfinished Revolution". New York Times. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  19. Shephard, Michelle (25 de novembro de 2012). "Nobel Peace Prize winner Tawakkol Karman tours Canada". Toronto Star. Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  20. Townsend, Sean (19 de outubro de 2012). "Honorary degrees recognize inspirational leaders" (public relations). University of Alberta. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 16 de decembro de 2012. 
  21. Blomfield, Adrian (7 de outubro de 2011). "Nobel peace prize: profile of Tawakul Karman". Londres: Telegraph. Consultado o 16 de novembro de 2011. 
  22. FIDH
  23. "Turkish fm receives winner of Nobel peace prize". Anadolu Agency. 11 de outubro de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2012. 
  24. "Barış Nobeli sahibi Yemenli, TC vatandaşı oldu". Posta. Consultado o 11 de outubro de 2012. 
  25. "Turkey hopes to grant citizenship to Karman". Hurriyet Daily News. 19 de marzo de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2012. 
  26. "Turkish ID more important than Nobel, Karman says". Hurriyet Daily News. 12 de outubro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2012. 

Véxase taménEditar