Tausa

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Tausa é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Ubaté. Limita polo norte cos concellos de San Cayetano, Carmen de Carupa e Sutatausa, polo oeste con Pacho e San Cayetano, polo leste con Sutatausa, Cucunubá e Suesca e polo sur cos concellos de Nemocón e Cogua.

Modelo:Xeografía políticaTausa
Imaxe

Localización
Mapa
 5°11′47″N 73°53′15″O / 5.1964, -73.8875Coordenadas: 5°11′47″N 73°53′15″O / 5.1964, -73.8875
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie204 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude3.010 m Editar o valor em Wikidata
Creación2 de agosto de 1600 Editar o valor em Wikidata

Páxina webtausa-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

O topónimo Tausa, en muysc cubun (lingua muisca) quere dicir «tributo no cumio».

Historia editar

Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Tausa estivo habitado polos muiscas. En 1541 o capitán Gonzalo de León Venero foi nomeado encomendeiro de Tausa, Suta e Simijaca. O 20 de novembro de 1559, o oidor e visitador xeral Tomás López nomeou como comisionado para Ubaté a Diego Rodríguez de Valderas. Nese momento, Tausa formaba parte da partida ou correxemento de Ubaté xunto a Suesca, Susa, Cucunubá, Fúquene, Simijaca e Sutatausa. Dita partida formaba parte á súa vez da provincia de Santafé.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar