Time History of Events and Macroscale Interactions during Substorms ou THEMIS é unha serie de satélites artificiais lanzados para estudar fenómenos xeomagnéticos.[1][2]

Representación dos satélites THEMIS en órbita.

Características editar

THEMIS consta de cinco satélites idénticos coa misión de estudar a inestabilidade das subtormentas magnetosféricas en órbitas con alturas de varios radios terrestres. O uso de varios satélites permite obter datos simultáneos desde diferentes puntos da magnetosfera terrestre, o que permite comprobar a orixe das subtormentas e outros fenómenos en combinación con observacións feitas desde observatorios terrestres.[1][2]

Cada un dos satélites estabilízase mediante xiro e foron lanzados no mesmo foguete, un Delta 7925, o 17 de febreiro de 2007. Cada satélite leva os seguintes instrumentos:[1][2]

Despois da primeira fase da misión os satélites comezaron a fase denominada Artemis na que se adican a estudar subtormentas solares e os cintos de radiación terrestres. Os dous satélites denominados P1 e P2 foron enviados a unha órbita de Lissajous arredor dos puntos de Lagrange L1 e L2 da Lúa para estudar o vento solar, as ondas de choque e a contorna magnética lunar, para posteriormente ser enviados a órbitas elípticas arredor do noso satélite para continuar seus estudos.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2022). "Themis" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "THEMIS (MIDEX 5, Explorer 85, 86, 87, 88, 89) / ARTEMIS" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar