Svartifoss
Coordenadas: 64°01′23″N 16°58′30″O / 64.023, -16.975
Svartifoss (A fervenza negra) é unha fervenza que se atopa no Parque Nacional Skaftafell, no sur de Islandia. É unha das atraccións máis populares do parque e está arrodeada por columnas basálticas negras, de orixe volcánica, que lle dan o seu nome. As columnas teñen unha forma hexagonal e foron formadas por un proceso de cristalización dentro dun fluxo de lava ó arrefriarse extremadamente amodo. Formacións similares a esta tamén se poden atopar na Calzada do Xigante na illa de Irlanda e en Staffa, Escocia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Svartifoss_%2825m_high%29_in_Skaftafell%2C_November.jpg/220px-Svartifoss_%2825m_high%29_in_Skaftafell%2C_November.jpg)
Estas columnas de basalto inspiraron a varios arquitectos islandeses, sendo os mellores exemplos a igrexa luterana Hallgrímskirkja en Reiquiavik e o Teatro Nacional.
Galería de imaxes
editar-
Svartifoss no verán.
-
Svartifoss no inverno.
-
Detalle das columnas de basalto de Svartifoss.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Svartifoss |