Susana Estrada

Vedette, actriz de cine e cantante español

Susana Estrada, nada en Xixón, Asturias, o 18 de xuño de 1949, é unha actriz, cantante e vedette española, que alcanzou gran popularidade durante os anos da Transición española.

Modelo:BiografíaSusana Estrada
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1949 ↔ 18 de xuño de 1950 Editar o valor en Wikidata
Xixón, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaXixón
Madrid
Benidorm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvedete, cantante, actriz de cinema, produtor de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1970 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0261870 BNE: XX919315 Spotify: 0IHPWJzhVjexoCd97SJfjU Musicbrainz: 712a2d0e-6a8f-4a16-8716-020aae76982c Discogs: 2227588 Deezer: 4296517 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Coñecida como unha das figuras con máis sona nos medios durante a Transición española, foi unha das representantes principais do xénero cinematográfico coñecido como destape, e adquiriu gran popularidade polos seus espectáculos e aparicións en medios de comunicación. Tras décadas de censura e represión sobre a sexualidade e os corpos das mulleres por parte da ditadura franquista, Estrada causou un gran impacto coa súa reivindicación da naturalidade do espido e o sexo, así como polas súas opinións sobre cuestións consideradas pouco tempo atrás tabú en España.[1]

Inicios e salto á fama: Historia do strip-tease e consultorio

editar

Nada en Xixón, iniciou a súa carreira artística tras mudarse a Madrid a comezos dos anos 70. Neste momento, realizou aparicións en películas como Las tres perfectas casadas (1973) ou La trastienda (1975), unha das primeiras películas do xénero do destape. En 1976, Estrada estreou o espectáculo Historia del strip-tease, no que protagonizou o primeiro espido integral sobre un escenario por parte dunha actriz en España, obtendo un grande alcance social e nos medios.[2]Tras iso, realizou máis aparicións en películas como Lucecita (1976), El jovencito Drácula (1977) ou Pepito Piscinas (1978).[3]

Durante esa época púxose tamén á fronte de consultorios sexolóxicos nas revistas Play Lady e Lib, nos que respondía consultas relativas a educación sexual e defendía o dereito das mulleres a gozar do seu propio pracer.[4][5] Por eles, foi procesada en catorce ocasións por escándalo público, sendo condeada en trece delas e chegando a serlle retirado o pasaporte e o dereito ao voto até a derogación do delito en 1988.[6][5]

Premios de Pueblo e carreira musical

editar
 
Cara B do disco coa lista de cancións do disco Amor y Libertad (1981)

O 14 de febreiro de 1978, protagonizou unha das fotos máis reproducidas da Transición na entrega dos premios do diario Pueblo. Estrada, unha das galardoadas, recolleu o seu premio de mans do futuro alcalde de Madrid, Enrique Tierno Galván, estando presente entre outros o Presidente do Goberno Adolfo Suárez. Ao inclinarse, o seu peito quedou ao descuberto, e ela, seguindo a súa reivindicación da naturalidade do espido e a liberdade corporal, decidiu mantelo así ante as cámaras dos fotógrafos. A imaxe tomada por Marisa Flórez alcanzou unha gran difusión en medios nacionais e estranxeiros, sendo considerada representativa da apertura do novo réxime democrático fronte ao conservadorismo social do franquismo.[7][8][9]Estrada realizou tamén numerosas entrevistas e aparicións en medios, e publicou relatos en Penthouse ou Can Can.[10][11]É tamén coautora xunto a Carlos das Heras do libro Húmedo sexo (1978).[12]Neste momento realiza tamén o seu primeiro papel protagonista no cine, en El maravilloso mundo del sexo (1978), á que seguiría Pasión prohibida (1980).[13]

Tras publicar varios sinxelos de estilo disco, en 1981 publicou o seu álbum Amor y Libertad.[14] Producido por Josep Llobel e Manuel Gas, as súas letras trataban de forma explícita temas como o desexo sexual feminino, a homosexualidade feminina e masculina, a crise da heroína ou a liberación colectiva.[15][16]No musical, o álbum foi considerado de referencia dentro do subgénero do cosmic disco.[17][18][19]

Nese ano, viuse de novo envolta nunha polémica debido a un coloquio sobre sexo co sacerdote e escritor José Luís Martín Vigil en Televisión Española, que provocou graves críticas por parte de sectores conservadores e polo que se chegou a pedir o cesamento do entón director de RTVE, Fernando Castedo.[20][21]

Anos posteriores

editar

En 2005 participou como concursante no reality show de Antena 3 La Granja. En 2008 regresou ao cine para facer un cameo nunha película dramática sobre os anos do destape, Los años desnudos. En 2021, estreouse o documental de RTVE Susana y el sexo, dirixido por César Vallejo, que narra o seu papel como pioneira da defensa dos dereitos sexuais e a sexualidade feminina durante a Transición.[22]

Legado

editar

Na década dos 2010, a figura de Estrada foi revisada desde perspectivas feministas, destacando o seu papel como pioneira na defensa das liberdades sexuais e a axencia sexual das mulleres nun momento de especial importancia como a Transición cara á democracia.[23][24]

Alejandro Melero citou a Estrada, e en particular a escena final de El maravilloso mundo del sexo (1978), como un caso pioneiro de experimentación coas tecnoloxías de gravación á hora de representar o sexo no cine español.[25]Estrada e o seu episodio xunto a Tierno Galván na entrega de premios do diario Pueblo aparecen na novela de Marta Sanz Daniela Astor y la caja negra (2013), sobre a liberdade sexual das mulleres na Transición.[26][27]

A música de Estrada foi revindicada nos últimos anos por mor da edición do álbum compilatorio The Sexadelic Disco-Funk Sound of… Susana Estrada (2017).[28][29]En 2022, o cantante portorriqueño Rauw Alejandro utilizou na súa canción "Más de una vez" o estribillo da canción de Estrada "Gózame xa", incluída no seu álbum Amor y Libertad.[28]

Filmografía

editar
  • Las tres perfectas casadas (1973)
  • La trastienda (1975)
  • El Libro de Buen Amor (1975)
  • La noche de las gaviotas (1975)
  • Lucecita (1976)
  • El jovencito Drácula (1976)
  • Sexy... amor y fantasía (1977)
  • Pepito Piscinas (1978)
  • El maravilloso mundo del sexo (1978)
  • Pasión prohibida (1980)
  • Comamos y bebamos todos de él (1992)
  • Los años desnudos (2008)
  • Carne cruda (2011)

Televisión

editar
  • Novela (adaptación de Aloma) (1977)
  • La granja (2005)
  • Ochéntame otra vez (2015)
  • Susana y el sexo (2021)

Discografía

editar

Álbums

editar
  • Amor y Libertad (1981)

Sinxelos e EP

editar
  • Ya me voy de tu vida (1978)
  • Machos (1980)
  • Acaríciame (1980)
  • Mi chico favorito (1981)

Compilacións

editar
  • The Sexadelic Disco-Funk Sound of… Susana Estrada (2017)
  1. RTVE (2021-10-06). "Por qué ver 'Susana y el sexo': el desnudo que cambió España" (en castelán). Consultado o 2023-07-18. 
  2. RTVE (2021-10-06). "Por qué ver 'Susana y el sexo': el desnudo que cambió España" (en castelán). Consultado o 2023-07-18. 
  3. "Susana Estrada" (en castelán). 
  4. García, Manuel Gómez (1998). Diccionario Akal de Teatro (en castelán). Ediciones AKAL. p. 295. ISBN 978-84-460-0827-9. 
  5. 5,0 5,1 Carratalá, Juan Antonio Ríos (2022-11-21). Ofendidos y censores: La lucha por la libertad de expresión (1975-1984) (en castelán). Universidad de Alicante. pp. 51–53. ISBN 978-84-9717-797-9. 
  6. "Susana Estrada, pionera del destape: "Me quitaron el derecho a voto por un consultorio sexual"" (en castelán). 2021-10-05. 
  7. Vegas, Valeria (2018-02-14). ""Quise que los socialistas me explicaran por qué me quitaron el derecho al voto"" (en castelán). 
  8. Benalal, Noah (2021-10-05). "Susana Estrada responde a la censura de su pecho en Instagram" (en castelán). 
  9. Fraguas, Rafael (2007-05-16). "Destape ante el Viejo Profesor". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-09-09. 
  10. García, Manuel Gómez (1998). Diccionario Akal de Teatro (en castelán). Ediciones AKAL. p. 295. ISBN 978-84-460-0827-9. 
  11. Tausiet, Antonio. El cine de hoy (1978) Arquivado 06 de abril de 2019 en Wayback Machine., "13, Rue Bruguera".
  12. "Susana Estrada - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-07-05. 
  13. "Susana Estrada" (en castelán). 
  14. "Susana Estrada - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-07-05. 
  15. Vegas, Valeria (2020). "Susana Estrada". Libérate. La cultura LGTBQ que abrió camino en España. Dos Bigotes. ISBN 978-84-121428-8-4. 
  16. Linés, Esteban (2017-05-13). "Susana Estrada: La voz de las canciones del destape" (en castelán). 
  17. "Susana Estrada - The Sexadelic Disco-Funk Sound Of... / Espacial Discos from Piccadilly Records". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2023. 
  18. "Susana Estrada - Cosmic Edits". 
  19. "Estat de Gràcia - "Gocémoslo ya": The Sexadelic Disco-Funk Sound of Susana Estrada" (en catalán). 2017-04-27. 
  20. "Sondeo de opinión sobre el "mano a mano" Susana Estrada-Martín Vigil". El País (en castelán). 1981-07-18. ISSN 1134-6582. 
  21. "'Susana y el sexo': el destape llega a RTVE Play" (en castelán). 2021-10-04. 
  22. "Valeria Vegas y Susana Estrada presentan 'Susana y el sexo'". 5 de octubre de 2021. 
  23. RTVE (2021-10-06). "Por qué ver 'Susana y el sexo': el desnudo que cambió España" (en castelán). Consultado o 2023-07-18. 
  24. Moda, S. (2022-11-17). "Enseñó un pecho a Tierno Galván y llegó a perder el derecho al voto: así es Susana Estrada, protagonista del último tema de Rauw Alejandro | Moda" (en castelán). Consultado o 2023-07-18. 
  25. Melero Salvador, Alejandro (2014). "New Bodies, New Sounds: Rediscovering the Eroticism of the Transition". En Duncan Wheeler, Fernando Canet. (Re)viewing Creative Critical and Commercial Practices in Contemporary Spanish Cinema. Bristol: Intellect. pp. 177–190. 
  26. de la Parra Fernández, Laura (2018). "El aborto en España desde la Transición hasta nuestros días: Daniela Astor y la caja negra de Marta Sanz" 13 (1): 5. 
  27. Pons, Àlex Matas (2021). "El archivo visual y la memoria literaria de la Transición, dos instantáneas posfotográficas: Javier Cercas y Marta Sanz" 89 (1): 25–43. ISSN 1553-0639. doi:10.1353/hir.2021.0001. 
  28. 28,0 28,1 Moda, S. (2022-11-17). "Enseñó un pecho a Tierno Galván y llegó a perder el derecho al voto: así es Susana Estrada, protagonista del último tema de Rauw Alejandro | Moda" (en castelán). Consultado o 2023-07-18. 
  29. "Susana Estrada - The Sexadelic Disco-Funk Sound Of... / Espacial Discos from Piccadilly Records". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2023.