Subida automobilística a Culleredo

proba automobilística

A Subida automobilística a Culleredo foi unha carreira automobilística de montaña disputada anualmente en Culleredo entre os anos 1992 e 2000. Era puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña.

Subida automobilística a Culleredo
Fundación1992
RexiónCulleredo
CopaGalicia Campionato de Galicia de Montaña
OrganizadorEscudería La Coruña

Historia

editar

A primeira edición disputouse en 1992, organizada pola Escuería La Coruña, co patrocinio do Grupo Barrio do piloto Luis Barrio e grazas ao impulso dos pilotos José Luis Santos e José Pose.[1][2] O vencedor daquela primeira subida foi o campión de España Luis Martínez conducindo unha barqueta Lola BMW, completando o podio o andaluz Tomás Aranda e o asturiano Gerardo Urdangaray. José María Magdaleno, cun Lancia Delta Integrale, foi o máis rápido entre os turismos.[3] A subida disputouse de xeito ininterrompido durante nove anos, puntuando sempre para o Campionato de Galicia de Montaña, ata que no ano 2000 se correu a última edición. O dumbriés Manuel Senra co seu Peugeot 306 foi o último gañador da proba, con Bamarti segundo.[4]

Palmarés

editar
Ano Nome Vencedor Vehículo
1992 I Subida a Culleredo   Luis Martínez Lola BMW
1993 II Subida a Culleredo
1994 III Subida a Culleredo   Pedro Rubal Fórmula Martini
1995 IV Subida a Culleredo   Andrés Vilariño Osella BMW
1996 V Subida a Culleredo   José Luis Santos Osella BMW
1997 VI Subida a Culleredo   Javier Arias BMW M3
1998 VII Subida a Culleredo   Víctor Abraham Martini MK-34
1999 VIII Subida a Culleredo   "Nonito" Fórmula Martini
2000 IX Subida a Culleredo   Manuel Senra Peugeot 306 Maxi
  1. "Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de setembro de 1992. p. 40. 
  2. Arévalo, Fernando (8 de setembro de 1992). "Luis Martínez, campeón nacional, estará en la Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 59. 
  3. Arévalo, Fernando (21 de setembro de 1992). "El campeón de España no tuvo rivales en la Subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49. 
  4. "Manuel Senra, el más rápido en la subida a Culleredo". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de outubro de 2000. p. 51.