Sturla Gunnarsson
Sturla Gunnarsson, nado en Reiquiavik o 1 de xaneiro de 1951, é un director de cine islandés nacionalizado canadense.
Sturla Gunnarsson | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1951 |
Lugar | Reiquiavik, Islandia |
Nacionalidade | Canadá |
Educado en | Universidade da Columbia Británica |
Profesión | Director e produtor de cine. |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pese a que naceu en Islandia trasladouse con sete anos a Vancouver (Canadá) cos seus pais. Estudou na Universidade da Columbia Británica Literatura Inglesa e estudos de cinematografía, producindo a película A Day Much Like the Others, gañadora de importantes premios nos Festivais estudantis de cine do Canadá e Europa, tamén foi proxectada no Museo de Arte Moderna de Nova York.
Unha vez rematados os estudos trasladouse a Toronto para traballar no National Film Board (NFB). Co seu primeiro proxecto, After the Axe, recibiu o Premio da Academia á mellor produción de documentais. Dende entón gañou numerosos premios, como o Premio Emmy, Premio Genie e Premio Gemini
O seu documental sobre David Suzuki, Force of Nature, gañou o premio do público no Festival Internacional de Cine de Toronto en 2010[1].
Filmografía escollidaEditar
- Such A Long Journey (1998)
- Rare Birds (2001)
- Gerrie & Louise (2004; documental)
- Beowulf e Grendel (2005)
- Force Of Nature (2010; documental)
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfíl en IMDb (en inglés)
- Páxina oficial (en inglés)