Abrir o menú principal

Star Trek Beyond

Filme de 2016 dirixido por Justin Lin

Star Trek Beyond é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Justin Lin. É o décimo terceiro título da saga Star Trek. É a secuela de Star Trek Into Darkness (2013) e a terceira da triloxía comezada co filme de 2009 Star Trek. Está protagonizado por Chris Pine e Zachary Quinto. Foi escrita por Doug Jung e Simon Pegg, o cal interpreta a un dos personaxes, e producida por J. J. Abrams, Roberto Orci e Bryan Burk.[4]

Star Trek Beyond
Ficha técnica
Título orixinalStar Trek Beyond
DirectorJustin Lin
Produtor
Guión
Baseado enStar Trek de Gene Roddenberry
Intérpretes
MúsicaMichael Giacchino
FotografíaStephen F. Windon
Montaxe
  • Kelly Matsumoto
  • Dylan Highsmith
  • Greg D'Auria
  • Steven Sprung
Estudio
DistribuidoraParamount Pictures
EstreaSideney: 7 de xullo de 2016
Flag of the United States.svg 22 de xullo de 2016
Duración122 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras e ciencia ficción
Orzamento$185 000 000[3]
Recadación$343 500 000[3]
Filme anteriorStar Trek Into Darkness

Índice

PersonaxesEditar

ProduciónEditar

DesenvolvementoEditar

Paramount anunciara que a próxima película da franquía, titulada provisionalmente polos medios de entretemento como Star Trek 3, estaba prevista para ser lanzada en xullo de 2016, a tempo para o aniversario número 50 da franquía.[5] Segundo os informes, a película terá lugar no espazo profundo, co Enterprise e o equipo tratando unha crise non revelada. Esta película segundo os informes, será máis similar ao orixinal Star Trek.[6]

Debido ao compromiso de Abrams de dirixir Star Wars: The Force Awakens, será produtor pero non o director.[7] O escritor Alex Kurtzman anunciou que xa non participaría, co seu compañeiro de escritura Roberto Orci, xunto con Patrick McKay e JD Payne.[8] Foi máis tarde cando se anunciou que Orci dirixiría a película, pero o 5 de decembro de 2014, informouse de que el xa non sería o director e que Edgar Wright estaba a ser considerado como unha potencial substitución.[9][10] O 22 de decembro de 2014, Justin Lin foi confirmado como director de Star Trek 3.[11]

O 22 de xaneiro de 2015, anunciouse que Simon Pegg co-escribiría a terceira película xunto con Doug Jung.[12] No proxecto orixinal de Orci, Pegg comentou que Paramount "tiña un guión de Star Trek que non estaba realmente traballado para eles. Creo que o estudo estaba preocupado de que podería ser demasiado pouco Star Trek-e". Polo seu papel como o guionista principal, Pegg pedira facer esta nova película "máis inclusiva", indicando que a solución era "facer un western ou un thriller ou unha película de roubo, e entón poboar iso con personaxes de Star Trek, polo que é máis inclusiva a unha audiencia que podería ser un pouco reticente."[13]

O 10 de abril de 2015, Deadline informou que a actriz francesa Sofia Boutella foi elixida como membro do elenco na terceira película.[14] O 21 de abril de 2015, Trek Movies revelou que o título da película sería Star Trek Beyond.[15]

RodaxeEditar

A rodaxe comezou en xuño de 2015, con Bryan Cranston e Idris Elba en conversacións para o papel de vilán principal.[4][16][17][18]

EstreaEditar

O 23 de decembro de 2014, anunciouse que a película se estreará o 8 de xullo 2016.[19][4] O 25 de novembro de 2015 FOX anunciou que a película tamén será estreada en formato IMAX, converténdose así na primeiro película da serie en estrearse en devandito formato.[20]

NotasEditar

  1. Deadline.com (ed.). "‘Star Trek Beyond’ Gets More Chinese Investment With Huahua Media Now Aboard". 
  2. British Board of Film Classification, ed. (13 de xullo de 2016). "Star Trek Beyond [2D] (12A)". Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Star Trek Beyond (2016)". Consultado o 17 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Staff (1 de xuño de 2015).
  5. Pascale, Anthony (18 de septiembre de 2014).
  6. Khatchatourian, Manne (28 de junio de 2014).
  7. Kroll, Justin (13 de mayo de 2014).
  8. «Alex Kurtzman & Roberto Orci Splitting Up on Bigscreen (EXCLUSIVE)» (en inglés).
  9. Lesnick, Silas (5 de diciembre de 2014).
  10. Fleming Jr, Mike (5 de diciembre de 2014).
  11. Mile Fleming Jr (22 de diciembre de 2014).
  12. «Simon Pegg Co-Writing ‘Star Trek 3′ With Doug Jung».
  13. «Simon Pegg criticises ‘dumbing down’ of cinema» (en inglés).
  14. Fleming, Jr, Mike (10 de abril de 2015).
  15. Iacovine, Kayla (21 de abril de 2015).
  16. http://www.ageofthenerd.com/2015/03/star-trek-3-to-begin-filming-in-june-2015/
  17. http://screenrant.com/star-trek-3-2016-casting-bryan-cranston-filming-locations/
  18. Idris Elba In Early Talks for 'Star Trek 3' Villain
  19. Moser, Cassidee (23 de diciembre de 2014).
  20. Camacho, Lucía (25 de noviembre de 2015).

Véxase taménEditar