Abrir o menú principal
Pilotos finlandeses nunha carreira da Extraliga.

O speedway é un deporte motociclista no que 4 ou 6 pilotos corren carreiras de 4 voltas en sentido contrario ao reloxo arredor dun óvalo. As motos de speedway utilizan unha soa engrenaxe e non teñen freos. As carreiras dispútanse en óvalos e normalmente consisten en derrapar e luxarse. Nas partes rectas dos trazados, as motos deste deporte chegan a alcanzar os 110 km/h.

As orixes exactas deste deporte son descoñecidas pero pénsase que antes da Primeira Guerra Mundial se comezou a correr cun tipo de motos de speedway nos Estados Unidos e en Australia. Agora hai moitas competicións de speedway (ligas nacionais, trofeos internacionais...). Tamén existe a Speedway World Cup que é o mundial do deporte e no que hai grandes premios arredor de todo o mundo. O speedway é moi popular sobre todo en Centroeuropa, no Norte de Europa, en Australia e nos Estados Unidos.

Índice

TrazadoEditar

 
Un trazado xenérico de speedway.

Os trazados profesionais están regulados pola Fédération Internationale de Motocyclisme (FIM) e teñen que cumprir certas normas de construción, de medidas e de seguridade. A lonxitude do circuíto pode ir dende os 240 metros de longo até os 450. A anchura do trazado ten que ser de polo menos 10 metros de ancho. As barreiras de protección teñen que ter un mínimo de 1 metro de grosor.

Ademais disto, os circuítos con licenza da FIM teñen que contar con garaxes ou zona de "boxes", un centro médico e instalacións para a prensa.

As superficies dos circuítos consisten en catro capas de materiais. Conteñen xisto, granito, grans de ladrillo e outros materiais soltos que non poden medir máis de 7 mm de tamaño. Os corredores utilizan esta superficie para escorregarse. O uso do asfalto, formigón ou pista está prohibido nestes circuítos.

Os circuítos requiren unha seguridade con cercos de arame, valos de madeira e valos aéreos. Os valos aéreos son paneis con aire que se instalan nas curvas. Os valos están deseñados pra reducir a forza dos impactos dos pilotos ao saírse da pista. Estes son de uso obrigado en campionatos como a Elite League de Gran Bretaña, a Speedway Ekstraliga de Polonia, a Speedway Grand Prix ou a Speedway World Cup. A maioría dos trazados de speedway son tamén ultilizados para outros deportes semellantes como o sidecar speedway ou o banger racing.

CarreirasEditar

As carreiras consisten en catro corredores que percorren catro voltas arredor dun óvalo a partir dunha saída en parada. Os corredores levan cascos de diferentes cores. Tradicionalmente, en competicións de equipos, as cores azul e vermello denotan "equipo local", mentres que o branco e amarelo ou negro denotan "equipo visitante". A zona de saída está dividida en 4 liñas de inicio. As cores tamén denotan a liña de saída de cada piloto:

  • Vermello. Sae dende a porta 1 ou porta interior.
  • Azul. Comeza dende a porta 2.
  • Branco. Empeza saíndo da porta 3.
  • Amarelo ou negro. Sae dende a porta 4 ou porta exterior.

A porta de saída consta de dúas ou máis cintas que se sitúan en toda a liña de saída. No comezo da carreira, cada un dos pilotos debe estar a non máis de 10 centímetros. Cando isto se incumpre, a saída é nula e o piloto que a fai mal é penalizado.

MotosEditar

Só hai un tipo de moto de speedway e este tipo de moto está regulado pola FIM. No pasado, usábanse motocicletas con motores verticais (pola forma na que estaba colocado), pero actualmente utilízanse motos laydown xa que son máis doadas de manexar. Non poden pesar menos de 70 kg sen combustíbel. O metanol produce máis potencia que outros combustíbeis e por iso estas motocicletas chegan a alcanzar máis de 130 quilómetros por hora.

Actualmente[cando?] as motos de speedway deben:

  • Pesar menos de 70 kg (sen gasolina).
  • Utilizar un motor catro tempos motocilíndrico cun carburador, unha buxía e uha capacidade de 500 cc.
  • Estar movida por metanol.
  • Ter un silenciador aprobado.
  • Contar cun guiador de máis de 65 cm e de menos de 85 cm.
  • Ter un protector enriba das partes móbiles do motor.
  • Utilizar un protector de cadea adicional.
  • Poseer unha caravilla pra previr unha rotura do motor ou unha caída que fira un competidor.

As speedways non deben:

  • Usar os freos.
  • Utilizar a telemetría nunha carreira.
  • Ser construídas en ningunha parte por titanio.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar