Spanair S.A. foi unha aeroliña española que tivo a súa base no aeroporto de Barcelona. Ata o ano 2009 foi subsidiaria do SAS Group, a mesma compañía á que pertence Scandinavian Airlines. O 25 de xaneiro a aeroliña estaba nunha situación económica complicada e o goberno de Cataluña aprobou un plan de préstamo de 10,5 millóns de euros para intentar salvala. A compñía reduciu custos e os ingresos melloraron, pero o 27 de xaneiro de 2012 cesou todas as súas operacións despois de que non se conseguise chegar a un acordo de rescate con Qatar Airways. Spanair foi membro de Star Alliance dende 2003 ata a súa desaparición.

Spanair
IATA
JK
OACI
JKK
Indicativo
SPANAIR
Fundación1986
Inicio das operacións27 de xaneiro de 2012

Características editar

Operou voos de pasaxeiros entre España e Europa, estendendo as súas operacións ao oeste de África. Realizou tamén voos charter a todo o mundo para compañías de viaxes. A súa base principal estivo en El Prat de Barcelona, con centros de conexión no aeroporto madrileño de Barajas, e no aeroporto de Son Sant Joan. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance.

Historia editar

Spanair fundouse en decembro de 1986 e comezou as súas operacións en marzo de 1988. Foi creada como unha empresa conxunta entre SAS e Viajes Marsans e os seus primeiros servizos foron voos charters europeos. Os voos de longo percorrido aos Estados Unidos, México e a República Dominicana comezaron en 1991, seguidos por voos domésticos en marzo de 1994. A aeroliña fixo tamén voos de longo percorrido, co avión Boeing 767-300, a Washington, D.C. e Buenos Aires a finais dos 90. Spanair uniuse á Star Alliance en 2003. Actualmente os donos da compañía son o SAS Group (94,9%) e o Grupo Marsans (5,1%). Ten 2.535 empregados.

Frota editar

En xaneiro do ano 2011 a frota de Spanair estaba formada por 32 avións, cunha idade media de 11,6 anos[1].

Frota de Spanair
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 19 156 - 180
Airbus A321-200 5 212
Boeing 717-200 1
McDonnell Douglas MD-82 1 120 - 170
McDonnell Douglas MD-83 3
McDonnell Douglas MD-87 3

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 26 de febreiro de 2011.