Soiuz TM-17

misión do programa espacial Soiuz
(Redirección desde «Soyuz TM-17»)

Soiuz TM-17 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 1 de xullo de 1993 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Soiuz TM-17
Parche da misión Soiuz TM-17.
TipoTripulada
Data de lanzamento1 de xullo de 1993, 14:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión196,74 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso14 de xaneiro de 1994, 8:19 GMT[1][6]
NSSDC ID1993-043A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Características editar

Soiuz TM-17, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Jean-Pierre Haigneré, Aleksandr Serebrov e Vasili Tsibliiev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. Durante a súa estancia, na noite do 12 ao 13 de agosto, producise o máximo da choiva das Perseidas, que para ese ano predeciuse moi intenso. En consecuencia mantívose a alerta en terra por se fora necesario un regreso de emerxencia desde a estación e os equipos de rescate necesitaran movilizarse de inmediato. A choiva non tivo consecuencias graves para a estación, que rexistrou dez impactos contra as xanelas mentres que os sensores mediron un fluxo de partículas 2000 veces superior ao normal. Despois da choiva os cosmonautas fixeron un paseo espacial para revisar o exterior da Mir.[2][3][4][5]

Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-19 e a Soiuz TM-18.[2][3][4][5]

O 14 de xaneiro a Soiuz TMA-17 desacoplouse da Mir para volver á Terra. Antes fixo un voo arredor da Mir para examinala, como era costume, pero debido a unha configuración errónea da nave acabou impactando levemente contra o módulo Kristall. O piloto, Tsibliyev, retomou o control da Soiuz e evitou danos maiores. O exame tanto da estación como da Soiuz non mostrou danos graves. A Soiuz regresou a terra ese mesmo día ás 8:19 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 17" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 17" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 7 June 1994 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24370). 13 de xuño de 1994: 3. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-17" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-17" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2017.