Soiuz TM-11

misión do programa espacial Soiuz
(Redirección desde «Soyuz TM-11»)

Soiuz TM-11 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 2 de decembro de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Soiuz TM-11
Parche da misión Soiuz TM-11.
TipoTripulada
Data de lanzamento2 de decembro de 1990, 8:13 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión175,08 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso26 de maio de 1991, 10:03 GMT[1][6]
NSSDC ID1990-107A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Características editar

Soiuz TM-11, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Viktor Afanasiev, Toyohiro Akiyama (un xornalista xaponés) e Musa Manarov a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir e facer experimentos científicos e manter a estación. Akiyama é considerado o primeiro pasaxeiro comercial ao espazo, ao pagar a compañía para a que traballaba, TBS, 28 millóns de dólares polo seu voo ata a Mir. Akiyama volveu a terra na Soiuz TM-10 e durante a súa estancia na Mir fixo varias retransmisións televesivas e radiofónicas.[2][3][4][5]

Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-7, que estivo a punto de causar un accidente coa estación, e da Soiuz TM-12.[2][3][4][5]

Afanasyev e Manarov, xunto con Helen Sharman (chegada a bordo da Mir na Soiuz TM-12), regresaron o 26 de maio de 1991 ás 10:03 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 27 February 1991 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-07268). 4 de marzo de 1991: 3. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-11" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2017.