Souda (grego: Σούδα) é un illote na Baía de Souda na costa noroeste de Creta. Na antigüidade este illote era un dos dous illotes coñecidos como Leukai. O segundo dos illotes coñécese hoxe en día como León.

Modelo:Xeografía políticaSouda, Grecia
Imaxe

Localización
Mapa
 35°29′20″N 24°09′07″L / 35.489, 24.152
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasAdministración descentralizada de Creta
Periferiasrexión de Creta
Unidades periféricasChania (unidade regional) (pt) Traducir
ConcelloChania Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porBaía de Souda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Historia

editar
 
Vista de Souda

A illa fortificouse polos venecianos debido á súa situación estratéxica, o control da entrada ao ancoraxe da Baía de Souda (que segue sendo unha importante base naval grega e da OTAN). Aínda que o resto de Creta caeu baixo control otomán na Guerra de Creta (1645-1669), a fortaleza de Souda (xunto coas fortalezas da illa de Gramvousa e Spinalonga) mantívose en mans venecianas ata 1715, cando tamén caeron en mans otomás. Durante este tempo, a illa serviu de refuxio aos insurxentes de Creta.

Concurso musical entre as Sereas e as Musas

editar

No lado noroeste do illote, unha pequena distancia, hai outro illote que é case de forma redonda, que antes nos mapas venecianos medievais aparecía como Illa Coello (coñecida como Nisi e León hoxe en día). Na antigüidade, estes dous illotes foron chamados Leukai (do grego, "brancas"). O seu nome provén da antiga mitoloxía grega sobre un concurso musical entre as sereas e as musas. Máis ala da súa angustia pola perda da competición, escribe Esteban de Bizancio, as Musas arrincaron as plumas das ás dos seus rivais; as sereas volveronse brancas e caeron no mar en Áptera ("ás") onde se formaron as illas da baía que se chama Lefkai.[1]

 
Vista do illote chamado León desde as fortificacións venecianas no illote de Souda

Referencias

editar
  1. Caroline M. Galt, "A marble fragment at Mount Holyoke College from the Cretan city of Aptera", Art and Archaeology 6 (1920:150).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar