Sopa de aleta de tiburón
A sopa de aleta de tiburón é unha sopa que está considerada como unha delicia chinesa, que xeralmente se serve nas celebracións festivas do país, así como en ocasións especiais tales como vodas e banquetes, como símbolo de saúde e prestixio.
Características
editarA xenuína sopa de aleta de tiburón elabórase coas aletas de tiburón. Estas aletas procésanse antes de seren preparadas, quítaselles a pel e posteriormente se secan. No momento de cociñalas adoitan lavarse antes con peróxido de hidróxeno para facer a súa aparencia e cor máis atractivos. As aletas de tiburón son as partes máis cartilaxinosas que corresponden tanto ás aletas pectorais como ás dorsais.
As aletas comercialízanse de dúas formas: secas ou conxeladas. Ambas necesitan ser remolladas antes de facer a sopa. A versión conxelada está case lista para ser usada e só necesita dunha hora previa de remollo. Existen dous tipos de formas secas: en tiras o en pezas enteiras, que requiren unha maior preparación.[1]
As aletas de tiburón en si son insípidas e de contido nutritivo practicamente nulo. Valóranse máis pola súa textura que polo seu sabor.[2]
Existe unha imitación desta sopa que se vende en latas e que se etiqueta como sopa de aleta de tiburón, pero na lista de ingredientes non aparece a aleta. No seu lugar empréganse as xudías mung vermicelli que teñen a forma das aletas de tiburón en tiras, aínda que non é igual que la aleta de tiburón auténtica, nin chega a ter a súa textura e cor. Sérvese xeralmente en caldo de polo, con cogomelos e carne de porco para realzar a textura e o sabor.
Recentes estudos confirman que as aletas de tiburón, así como outros produtos procedentes dos escualos conteñen cantidades moi elevadas de mercurio que en moitos casos superan amplamente as cantidades permitidas para o consumo humano.[Cómpre referencia] Os tiburóns, debido a estaren situados na cúspide da cadea trófica mariña e a que son nadadores activos que ao longo da súa vida filtran millóns de litros de auga a través das súas branquias, acumulan nos seus organismos cantidades de mercurio e outros metais pesados moi superiores ás doutros peixes peláxicos. O mercurio é un metal pesado moi tóxico que se acumula nos organismos vivos e que non se elimina de forma natural. De feito en moitos países está totalmente contraindicado o consumo de aletas de tiburón en nenos e mulleres embarazadas polo risco das malformacións no feto que comportan as elevadas cantidades de mercurio presentes en ditos produtos.[3]
Mercado
editarA sopa de aleta de tiburón está considerada unha delicia moi popular na China (e outros países do Extremo Oriente). Enquisas realizadas no ano 2006 a unha poboación chinesa revelaron que o 35 % dos enquisados afirmaban ter consumido sopa de aleta de tiburón no último ano.[4]
A terceira parte das importacións de aleta de tiburón provén de Europa, sendo España o maior exportador con diferenza (de 4 000 a 5 000 toneladas métricas ao ano.[5][6] Por exemplo, Noruega subministra só 39 toneladas métricas ao ano.
O finnig ou aleteo de tiburóns consiste en cortar as aletas dos tiburón no barco e botar pola borda o resto do animal ao mar, onde pouco a pouco morre dolorosamente. Como a comercialización das aletas é moito máis rendíbel economicamente, o resto do animal nin se embarca nin se aproveita e, desta maneira, as bodegas dos barcos teñen máis espazo para acumular moita máis cantidade de aletas. Así, decenas de millóns de tiburóns morren anualmente a causa desta práctica. Independentemente da brutalidade e crueldade da acción, xa que normalmente o tiburón aínda está vivo cando devolve á auga, e o seu único futuro consiste en morrer agonizando lentamente no fondo do mar, hai que engadir que esta práctica provoca un gran desbaldimento* de proteínas e doutros produtos derivados dos tiburóns, aproveitándose tan só entre o 2 e o 5 % do animal. Deste xeito impídese o procesamento e aproveitamento do resto do tiburón na costa, coa conseguinte ameaza para o desenvolvemento alimentario e socioeconómico das zonas costeiras de moitos países pobres implicados no problema.
- Véxase tamén: Tiburóns#Sobrepesca de tiburóns.
A economía e o sustento da especie humana, como depredador tope da biosfera, está poñendo en perigo aos tiburóns por medio desta práctica.[7]
Notas
editar- ↑ "Shark's Fin in Chinese Cooking". chinesefood-recipes.com. Consultado o 11/11/2012. (en inglés) Consultada o 11/11/2012.
- ↑ Ken Hom (09-06-2005). "A shark's tale". The Guardian. Consultado o 11/11/2012.
- ↑ "Beware of shark meat, FDA warns". CNN. 26 de abril de 1996. CNN (en inglés) Consultada o 11/11/2012
- ↑ Laura Marquez (30-10-2006). "Decimating Shark Population for Some Soup". ABC News. Consultado o 11/11/2012. ABC News.
- ↑ "EU faces shark fin ban call". BBC. 25-06-2001. Consultado o 11/11/2012. BBC News Consultada o 11/11/2012.
- ↑ Ian Sample (31-08-2006). "Sharks pay high price as demand for fins soars". The Guardian. Consultado o 11/11/201. The Guardian. Consultada o 11/11/2012.
- ↑ "Tiburones nadan hacia la nada". BBC. 23-05-2008. Consultado o 11/11/2012. BBC Mundo (en castelán) Consultada o 11/11/2012.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Baum J. K.; Myers R. A.; Kehler D. G.; Worm, B.; Harley, S. J. e Doherty P. A. (2003): "Collapse and Conservation of Shark Populations in the Northwest Atlantic". Science, 5605: 389–392.