Sonda interestelar
Unha sonda interestelar é unha sonda espacial que pola súa traxectoria se dirixe fóra do Sistema Solar[1]. O primeiro estudo de deseño para crear unha sonda interestelar propiamente dita foi o Proxecto Dedalus que realizaron entre 1973 e 1978 científicos británicos da British Interplanetary Society dirixidos por Alan Bond[2]. As sondas interestelares actuais creáronse co propósito de explorar o noso propio Sistema Solar, mais despois de completar a súa misión pola súa traxectoria diríxense fóra del, a primeira foi a Pioneer 10 e calcúlase en 80.000 anos o que tardaría, se perdurase, en chegar á estrela máis próxima[3]. As distancias que ten que percorrer non se miden en quilómetros, senón en unidades astronómicas (UAs). A equivalencia aproximada é: 1 UA son 150 millóns de quilómetros.
Sondas interestelares que máis se afastaron da Terra
editarDistancia á Terra | Obxecto | Lanzamento | Velocidade | En funcionamento? | |
---|---|---|---|---|---|
126,811 UA | Voyager 1 | 5 de setembro de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) | 17,026km/s | Si | |
110,217 UA | Pioneer 10 | 3 de marzo de 1972 (Cabo Cañaveral, Florida) | 12,014 km/s | Non | |
103,933 UA | Voyager 2 | 20 de agosto de 1977 (Cabo Cañaveral, Florida) | 15,411 km/s | Si | |
89,709 UA | Pioneer 11 | 6 de abril de 1973 (Cabo Cañaveral, Florida) | 11,343 km/s | Non | |
28,659 UA | New Horizons | 19 de xaneiro de 2006 (Cabo Cañaveral, Florida) | 14,914 km/s | Si |
Galería
editar-
Fotografía de Saturno tomada pola Pioneer 11 o 26 de agosto de 1978 na que pode apreciarse ademais o satélite Rea
-
A Terra vista dende a Voyager 1 o 14 de febreiro de 1990, esta fotografía coñécese co nome de Punto azul pálido
-
Neptuno visto pola Voyager 2 en agosto de 1989
-
Xúpiter visto pola Pioneer 10
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Spacecraft escapando do Sistema Solar en heavens-above.com