Punto azul pálido

A coñecida como Punto azul pálido é unha fotografía da Terra tomada pola nave espacial Voyager 1 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros, así como tamén o título dun libro de Carl Sagan, inspirado precisamente nesta fotografía. Mostra a Terra como unha pinta de luz case imperceptíbel polo fulgor do Sol. A foto foi tomada o 14 de febreiro de 1990. En 2001 foi seleccionada por Space.com como unha das mellores dez fotos científicas do espazo da historia.

A fotografía en cuestión.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar