Abrir o menú principal

Solidaridad Obrera (1920)

Solidaridad Obrera foi un periódico editado na Coruña entre 1920 e 1922 de tendencia anarquista.

Historia e característicasEditar

Periódico de carácter sindicalista, apareceu en abril de 1920 en substitución do voceiro da Federación Local da CNT La Voz del Obrero[1][2]. O cambio de nome veu como consecuencia das decisións tomadas no chamado Congreso de la Comedia, celebrado no Teatro de la Comedia, en Madrid, entre o 10 e o 18 de decembro de 1919, que foi o segundo congreso nacional da CNT[3]. Nela se propuxo a potenciación dos órganos escritos a través do xornal Solidaridad Obrera, que iría implantarse en numerosas localidades españolas ou aumentar o número das súas edicións naquelas nas que xa existía[4]. José Villaverde Velo fundou e dirixiu, primeiro, o xornal en Vigo[5][6] e, probablemente, axudou a facer o mesmo na Coruña.

Cesou a súa publicación a comezos de 1922.

NotasEditar

  1. "Ha comenzado ha publicarse en esta ciudad...". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 20-4-1920. p. 2. Ha comenzado a publicarse en esta ciudad un semanario titulado "Solidaridad Obrera", en sustitución del periódico decenal "La Voz del Obrero", cumpliendo así el acuerdo del Congreso sindicalista celebrado en Madrid. El nuevo semanario es órgano de la Federación Local y portavoz de la Confederación Nacional del Trabajo 
  2. "Ha comenzado a publicarse...". El Progreso (en castelán) (Lugo). 22-4-1920. p. 6. 
  3. Guzmán Espinosa, Eduardo de (1-12-1979). "Los cinco congresos históricos de la C.N.T." (PDF). Tiempo de Historia (en castelán) (61) (Madrid). pp. 22–27. 
  4. "Sobre el Congreso sindicalista". El Orzán (en castelán) (A Coruña). 11-12-1919. p. 3. 
  5. "Prensa viguesa. Periódicos y periodistas". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 5-8-1928. p. 7. 
  6. "Recorrido a través de la Prensa de Vigo". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 6-10-1935. p. 39. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar