Abrir o menú principal

Soledad Puértolas

escritora española

Soidade Puértolas Villanueva, nada en Zaragoza o 3 de febreiro de 1947, é unha escritora española.[1] Desde 2010 é membro da Real Academia Española.

Soledad Puértolas
(Soledad Puértolas) ‘Ganarás la luz’ debate sobre el papel de la mujer en la literatura.jpg
Nome completoSoledad Puértolas Villanueva
Nacemento3 de febreiro de 1947
 Zaragoza
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Califórnia em Santa Bárbara
Ocupaciónautora e escritora
PremiosPremio Planeta, Premio Anagrama de Ensaio e Premio das Letras Aragonesas
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Comezou a estudar Ciencias Políticas en Madrid, pero por problemas políticos tivo que deixar os estudos. Foi a estudar Ciencias Económicas a Bilbao mais tampouco rematou a carreira, e finalmente estudou xornalismo.

Casou aos 21 anos e foise vivir co seu marido, cunha bolsa adxudicada a este, a Trondheim (Noruega). Tras a súa volta a España, con outra bolsa, trasladáronse a California onde obtivo un M.A. en Lingua e Literatura Española e Portuguesa pola Universidade de California, Santa Bárbara, e onde naceu o seu primeiro fillo, o tamén escritor Diego Pita. En 1974, ao terceiro ano de estancia en California, volveron a España.

En 1979 gañou o Premio Sésamo con El bandido doblemente armado; o Premio Planeta 1989 con Queda la noche, e o Premio Anagrama de Ensaio 1993 con La vida oculta. Foi galardoada co Premio das Letras Aragonesas no ano 2003.

O 28 de xaneiro de 2010 foi nomeada membro da Real Academia Española (cadeira "g") tras resultar elixida na terceira rolda de votacións, cubrindo a vacante do científico Antonio Colino.[2] Tomou posesión o 21 de novembro de 2010 co discurso titulado Aliados. Los personajes secundarios del «Quijote». Respondeulle, en nome da corporación, José María Merino. Foi vogal da Xunta de Goberno da RAE (2012-2014).[3]

ObraEditar

  • El Madrid de "La lucha por la vida". Madrid: Helios, 1971. Ensaio.
  • El recorrido de los animales. Madrid: Júcar, 1975. Conto.
  • El bandido doblemente armado. Madrid: Legasa, 1980. Novela. Premio Sésamo 1979
  • Una enfermedad moral. Madrid: Trieste, 1982. Contos.
  • "A través de las ondas", conto en Doce relatos de mujeres. Navajo, Ymelda (ed.). Madrid: Alianza, 1982, pp. 165–177. Contos.
  • Burdeos. Barcelona: Anagrama, 1986. Novela.
  • La sombra de una noche. Madrid: Anaya, 1986. Conto.
  • Todos mienten. Barcelona: Anagrama, 1988. Novela.
  • Queda la noche. Barcelona: Planeta, 1989. Novela. Premio Planeta 1989
  • Días del Arenal. Barcelona: Planeta, 1992. Novela.
  • La corriente del golfo. Barcelona: Anagrama, 1993. Contos.
  • La vida oculta. Barcelona: Anagrama, 1993. Ensaio. Premio Anagrama 1993
  • Si al atardecer llegara el mensajero. Barcelona: Anagrama, 1995. Novela.
  • La vida se mueve. Madrid: El País-Aguilar, 1995. Artigos.
  • Recuerdos de otra persona. Barcelona: Anagrama, 1996. Biografía.
  • La hija predilecta. Cuento. En: Madres e hijas. Freixas, Laura (ed.) . Barcelona: Anagrama, 1996. Contos.
  • Una vida inesperada. Barcelona: Anagrama, 1997. Novela.
  • "Rosa Chacel". Ensaio. En: Retratos literarios: Escritores españoles del siglo XX evocados por sus contemporáneos . Freixas, Laura (ed.) . Madrid: Espasa Calpe, 1997, pp. 181–182.
  • Gente que vino a mi boda. Barcelona: Anagrama, 1998. Contos.
  • "El cuarto secreto", conto en Relatos para un fin de milenio. Barcelona: Plaza y Janés, 1998, pp. 15–26
  • "El inventor del tetrabrik", conto en Vidas de mujer. Monmany, Mercedes (ed.) . Madrid: Alianza, 1998, pp. 131–143. Contos.
  • La señora Berg. Barcelona: Anagrama, 1999. Novela.
  • La rosa de plata. Madrid: Espasa Calpe, 1999. Novela.
  • "Un poeta en la piscina", conto en Cuentos solidarios. Madrid: ONCE, 1999, pp. 13–15.
  • "La carta desde el refugio", conto en Mujeres al alba. Madrid: Alfaguara, 1999, pp. 133–136.
  • Adiós a las novias. Barcelona: Anagrama, 2000. Contos.
  • Con mi madre. Barcelona: Anagrama, 2001
  • Pisando jardines. Cuento. En: Orosia: Mujeres de sol a sol . Jaca: Pirineum Multimedia, 2002, pp. 159–164. Contos.
  • "Ausencia", conto en Mujeres en ruta, 2005, pp. 41–47. Contos.
  • Historia de un abrigo. Barcelona: Anagrama, 2005. Novela.
  • Cielo nocturno. Barcelona: Anagrama, 2008. Novela.
  • "Masajes", conto en Cuentos de amigas. Laura Freixas (ed.). Anagrama, 2009. Relatos
  • Compañeras de viaje. Barcelona. Anagrama, 2010. Contos.
  • Mi amor en vano. Barcelona: Anagrama, 2012. Novela.
  • El fin. Barcelona. Anagrama, 2015. Contos.
  • Chicos y chicas. Barcelona: Anagrama, 2016. Contos.

NotasEditar

Véxase taménEditar