Solomon Tshekisho Plaatje, nado en Doornfontein o 9 de outubro de 1876 e finado en Xohanesburgo o 19 de xuño de 1932, foi un xornalista, lingüista, político, tradutor e escritor surafricano Plaatje foi un dos membros fundadores e primeiro secretario xeral do Congreso Nacional Nativo Surafricano (SANNC), despois denominado Congreso Nacional Africano.

Infotaula de personaSol Plaatje

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(tn) Solomon Tshekisho Plaatje Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1876 Editar o valor em Wikidata
Estado Livre de Orange (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1932 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , xornalista , tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Africano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

Plaatje naceu preto de Boshof no Estado Libre de Orange (agora Estado Libre, Suráfrica), o sexto de oito fillos. Seus pais Johannes e Martha eran da etnia tswana e de relixión cristiá que traballaban para misioneiros en diversos lugares de Suráfrica. Cando Solomon tiña catro anos, a familia trasladouse a Pniel preto de Kimberley na Colonia de Cabo para traballar para un misoneiro alemán, Ernst Westphal, e a súa muller Wilhelmine. Nesa misión recibiu a súa educación, Wilhelmine tamén lle deu leccións de piano, violín e de canto. En febreiro de 1892, con quince anos, converteuse en profesor axudante na misión e así estivo durante dous anos.

Despois de deixar a escola, marchou a Kimberley en 1894 onde traballou como mensaxeiro de telégrafos para a oficina de correos. Posteriormente pasou o exame para traballadores públicos, logrando as notas máis altas entre os examinados en neerlandés e tipografía.

Traballou como intérprete de tribunais para as autoridades británicas durante o asedio de Mafeking e mantivo un diario das súas experiencias que se publicou postumamente corenta anos despois da súa morte co título de Boer War Diary. Despois da guerra centrouse no xornalismo, asumiu o posto de editor en 1902 de Koranta ea Becoana, o primeiro semanario inglés-tswana fundado en 1901,[1] logrando mellorar a tirada de 500 a 2000 exemplares en poucos meses e aumentando a paxinación dunha páxina a oito, establecendo as súas propias oficinas e prelo, dándolle influencia política[2], logo cara a finais da década marchou a Kimberley e alí fundou Tsala ea Becoana que se converteu en Tsala ea Batho tempo despois.

 
A delegación do Congreso Nacional Nativo Surafricano en Inglaterra (xuño de 1914), de esquerda a dereita: Thomas Mapike, Rev. Walter Rubusana, Rev. John Dube, Saul Msane, Sol Plaatje

Como activista e político pasou moito da súa vida loitando polo recoñecemento e liberación do pobo africano. Foi membro fundador e primeiro secretario xeral do do Congreso Nacional Nativo Surafricano (SANNC), que se convertería no Congreso Nacional Africano (ANC) dez anos despois. Como membro dunha delegación da SANNC viaxou a Inglaterra para protestar contra a lei de terras nativas de 1913. Cando a delegación volveu, Plaatje decidiu quedar e permaneceu en Gran Bretaña ata febreiro de 1917 en Gran Bretaña, e alí publicou un rebatemento da lei de terras Native Life in South Africa (1914) mais tamén Sechuana Proverbs and Their European Equivalents (1916) e Sechuana Phonetic Reader (1916) en colaboración con Daniel Jones. En 1919 volveu a Londres encabezando unha nova delegación que se reuniu co primeiro ministro Lloyd George[3]. Entre decembro de 1920 e finais de 1923 estivo no Canadá e nos Estados Unidos onde coñeceu a Marcus Garvey e W.E.B. Du Bois [4].

Plaatje foi o primeiro negro surafricano[5] en escribir unha novela en inglés, Mhudi, que escribiu en 1919, pero non se publicou ata 1930[6]. En 1928 o o escritor zulú, R. R. R. Dhlomo publicou unha novela de lingua inglesa, co título de An African Tragedy. Isto fai da novela de Dhlomo a primeira publicada en inglés dun autor negro surafricano. Traduciu Xulio César (Dikhontsho tsa bo-Juliuse Kesara) e The Comedy of Errors (Diphosho-phosho) de William Shakespeare ao tswana.

Notas editar

  1. Solomon Tshekisho Plaatje South Africa History Online
  2. Zubeida Jaffer e Sibusiso Tshabalala "Sol T Plaatje: Pariah In the Land of His Birth" The Journalist
  3. Brian William (1984) Sol Plaatje. South African Nationalist, 1876–1932. London: Heinemann Educational Books
  4. Laura Chrisman (2003) Postcolonial Contraventions: Cultural Readings of Race, Imperialism, and Transnationalism Manchester University Press, pp. 89 e ss.
  5. Gareth Cornwell, Dirk Klopper e Craig Mackenzie (2012) The Columbia Guide to South African Literature in English Since 1945Columbia University Press, pp. xi
  6. E a primeira versión íntegra publicouse en 1970: Sol Plaatje Arquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine. ZAR.co.za

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Biografía na web da presidencia de Suráfica (en inglés)