Soiuz TMA-20M

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TMA-20M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 18 de marzo de 2016 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Soiuz TMA-20M
TipoTripulada
Data de lanzamento18 de marzo de 2016, 21:26 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión172,16 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso7 de setembro de 2016, 1:13 GMT[1][5]
NSSDC ID2016-018A
Masa7200 kg[5]

Características Editar

Soiuz TMA-20M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aleksei Ovchinin, Oleg Skripochka e Jeffrey Williams a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo Poisk e regresou o 7 de setembro de 2016 ás 1:13 GMT.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-20M estaba formada por Sergei Rizhikov, Andrei Borisenko e Robert Kimbrough.[5][2]

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 20M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 20M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 15 June 2016 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-04898 (E)). 2 de agosto de 2016: 2. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-20M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar