Jeffrey Williams
astronauta estadounidense
Jeffrey Nels Williams, nado en Superior, Wisconsin, o 18 de xaneiro de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-101, Soiuz TMA-8, Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-20M, sendo membro das expedicións 13, 21, 22, 47 e 48 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Jeffrey Williams | |
---|---|
![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1958 |
Lugar | Superior |
Actividade | |
Misións | STS-101, Soiuz TMA-8, Soiuz TMA-16, Expedição 13, Expedição 21, Expedição 22, Soiuz TMA-20M, Expedição 47 e Expedição 48 |
Tempo no espazo | 534,12 días |
Premios | Lexionario da Lexión do Mérito, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo", NASA Exceptional Achievement Medal, Medalha de Serviço Distinto da NASA, NASA Space Flight Medal e Medalla o Servizo Excepcional da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Williams graduouse en ciencia aplicada e enxeñaría pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1980 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1987. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1996, participando nas misións STS-101, Soiuz TMA-8, Soiuz TMA-16 e Soiuz TMA-20M, sendo membro das expedicións 13, 21, 22, 47 e 48 á Estación Espacial Internacional. Pasou 534,12 días no espazo.[1][2]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Williams, Jeffrey Nels" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (1 de maio de 2019). "Jeffrey N. Williams (Colonel, U.S. Army, Ret.) NASA Astronaut" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2020. Consultado o 1 de abril de 2022.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jeffrey Williams |