Soiuz TMA-15M

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TMA-15M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 23 de novembro de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Soiuz TMA-15M
TipoTripulada
Data de lanzamento23 de novembro de 2014, 21:01 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión199,70 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso11 de xuño de 2015, 13:43 GMT[1][5]
NSSDC ID2014-074A
Masa7200 kg[5]

Características

editar

Soiuz TMA-15M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Samantha Cristoforetti, Anton Shkaplerov e Terry Virts a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A Soiuz acoplouse ao módulo de investigación Rassvet e regresou o 11 de xuño de 2015 ás 13:43 GMT, un mes máis tarde do previsto debido ao atraso da seguinte misión.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-15M estaba formada por Kimiya Yui, Oleg Kononenko e Kjell Lindgren.[5][2]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 15M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 15M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 13 May 2015 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (15-07587 (E)). 2 de novembro de 2015: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-15M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar