Kjell Lindgren

astronauta estadounidense

Kjell Norwood Lindgren, nado en Taipei o 23 de xaneiro de 1973, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz TMA-17M e foi membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Kjell Lindgren
Datos persoais
Nacemento23 de xaneiro de 1973
LugarTaipei
Actividade
MisiónsSoiuz TMA-17M e SpaceX Crew-4
Tempo no espazo141,67 días
PremiosGood Conduct Medal, NASA Exceptional Achievement Medal, Medalla de Servizo Distinguido da NASA e Medalla de Voo Espacial da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Lindgren graduouse en bioloxía pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1995 e é máster en fisioloxía cardiovascular pola Universidade do Estado de Colorado en 1996, onde tamén obtivo un doutoramento en [[[medicina]] en 2002.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 2009, participando na misión Soiuz TMA-17M e sendo membro das expedicións 44 e 45 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 141,67 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lindgren, Kjell Norwood" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (18 de outubro de 2018). "Kjell N. Lindgren (M.D.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar