Soiuz TMA-14M

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TMA-14M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de setembro de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Soiuz TMA-14M
TipoTripulada
Data de lanzamento25 de setembro de 2014, 20:25 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión167,24 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso12 de marzo de 2015, 2:08 GMT[1][5]
NSSDC ID2014-057A
Masa7200 kg[5]

Características editar

Soiuz TMA-14M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. Serova converteuse na cuarta muller rusa no espazo e a primeira desde 1997. Unha vez en órbita o panel solar do lado de babor da nave Soiuz non se despregou, pero iso non dificultou o acoplamento coa estación espacial, que tivo lugar co módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2). Regresou o 12 de marzo de 2015 ás 2:08 GMT.[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-14M estaba formada por Scott Kelly, Gennadi Padalka e Mikhail Kornienko.[5][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 10 December 2015 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-00518). 1 de febreiro de 2016: 3. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar