Gennadi Padalka
cosmonauta ruso
Gennadi Ivanovich Padalka, nado en Krasnodar (Rusia) o 21 de xuño de 1958, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-28, Soiuz TMA-4, Soiuz TMA-14, Soiuz TMA-04M e Soiuz TMA-16M e que foi membro das expedicións 9, 19, 20, 31, 32, 43 e 44 á Estación Espacial Internacional. Ten o récord de tempo de permanencia acumulada no espazo cun total de 878,48 días.[1][2]
Traxectoria
editarPadalka graduouse na Facultade Eisk de Aviación Militar en 1979 e foi seleccionado como cosmonauta en 1989, participando nas misións Soiuz TM-28, Soiuz TMA-4, Soiuz TMA-14, Soiuz TMA-04M e Soiuz TMA-16M e sendo membro das expedicións 9, 19, 20, 31, 32, 43 e 44 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 878,48 días no espazo.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Padalka, Gennadi Ivanovich" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 NASA, ed. (30 de xuño de 2015). "Russian Cosmonaut Padalka Sets New Record For Time in Space" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gennadi Padalka |