Leroy Chiao
Leroy Chiao, nado en Milwaukee (Wisconsin) o 28 de agosto de 1960, é un astronauta estadounidense, que formou parte das misións STS-65, STS-72, STS-92 e Soiuz TMA-5 e da Expedición 10 da Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 229,36 días no espazo.[1][2]
Nome orixinal | (en) Leroy Russel Chiao |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de agosto de 1960 (64 anos) Milwaukee, Estados Unidos de América |
Comandante da EEI Expedição 10 (pt) | |
16 de outubro de 2004 – 16 de abril de 2005 ← Gennadi Padalka – Sergei Krikalev → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de California, Berkeley Universidade de Califórnia en Santa Bárbara Monte Vista High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Investigación espacial e enxeñaría química |
Ocupación | astronauta, emprendedor, enxeñeiro, orador motivacional, profesor universitario |
Empregador | NASA, astronauta |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | Coronel |
Tempo no espazo | 229 días, 7 horas e 38 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Traxectoria
editarChiao é graduado en enxeñería química pola Universidade de California en Berkeley en 1983 e máster e dourado na mesma disciplina pola Universidade de California en Santa Barbara en 1985 e 1987.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en xaneiro de 1990, converténdose oficialmente en astronauta en xullo de 1991. Cualificouse para ser Comandante da Estación Espacial, Oficial Científico da Estación e especialista de carga do transbordador espacial. Participou nas misións STS-65, STS-72, STS-92 e Soiuz TMA-5 e formou parte da Expedición 10 da Estación Espacial Internacional como Comandante. Deixou a NASA en decembro de 2005.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Dr. Leroy Chiao" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2019. Consultado o 9 de xaneiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Chiao, Leroy" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leroy Chiao |