Soiuz TM-20

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz TM-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 3 de outubro de 1994 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Soyuz TM-20
Parche da misión Soiuz TM-20.
TipoTripulada
Data de lanzamento3 de outubro de 1994, 22:42 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz U2[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión169,22 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Mir.[2][6]
Regreso22 de marzo de 1995, 4:04 GMT[1][6]
NSSDC ID1994-063A
Masa7150,0 kg[2][5][6]

Características editar

Soiuz TM-20, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Elena Kondakova (a terceira muller rusa no espazo e a primeira nunha misión de longa duración), Ulf Merbold (da Axencia Espacial Europea) e Alexander Viktorenko a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación.[2][3][4][5]

A tripulación probou o sistema de acoplamento automático Kurs desacoplando a Soiuz , alonxándoa uns centos de metros e deixando que se volvera a acoplar automaticamente, con éxito. O sistema fallara durante a chegada da Progress M-24. Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-25.[2][3][4][5]

A Soiuz regresou a terra o 22 de marzo de 1995 ás 4:04 GMT, tocando terra a uns 22 km ao nordeste de Arkalyk (Casaquistán).[2][3][4][5]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 17 March 1995 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-52462). 23 de marzo de 1995: 4. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-20" (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2017.