Soiuz MS-24
Soiuz MS-24 é unha misión espacial rusa lanzada o 15 de setembro de 2023 mediante un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]
Soiuz MS-24 | |
---|---|
A Soiuz MS-24 achegándose á estación. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de setembro de 2023[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz 2-1a[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2] |
Duración da misión | e |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 6 de abril de 2024[5] |
NSSDC ID | 2023-143A |
Características
editarSoiuz MS-24, unha Soiuz modelo MS, foi unha misión lanzada cos cosmonautas Oleg Kononenko, Nikolai Chub e Loral O'Hara a bordo para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A tripulación de respaldo era Oleg Novitski, Marina Vasilevskaia e Loral O'Hara. A nave chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas e acoplándose ao módulo Rassvet.[2][3][4][5]
A nave regresou a terra o 6 de abril de 2024 con Oleg Novitski e Marina Vasilevskaia a bordo, chegados á estación na Soiuz MS-25, xunto con Loral O'Hara. A cápsula cos tripulantes tocou terra a 147 km ao sueste de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]
Notas
editar- ↑ N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-24" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-24" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 24 October 2023 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (23-21879 (E)). 9 de novembro de 2023: 2. Consultado o 14 de febreiro de 2024.[Ligazón morta]
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-24 delivers crew to ISS" (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz MS-24 |