Soiuz MS-21 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 18 de marzo de 2022 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Soiuz MS-21
A Soiuz MS-21 acoplada á estación.
TipoTripulada
Data de lanzamento18 de marzo de 2022[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso29 de setembro de 2022[1]
NSSDC ID2022-028A

Características editar

Soiuz MS-21, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Artemiev, Denis Matveev e Sergei Korsakov a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Prokopiev, Dimitri Petelin e Anna Kikina), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de tres horas, acoplándose ao módulo Prichal. Tras 195 días no espazo a Soiuz MS-21 desacoplouse da estación o 29 de setembro e tras tres horas de viaxe aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-21" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-21" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 27 April 2022 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (22-03037 (E)). 16 de maio de 2022: 2. Consultado o 12 de febreiro de 2024. [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-21 completes a trip to ISS amid Russian invasion of Ukraine" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar