Soichi Noguchi (野口聡一 Noguchi Sōichi), nado o 15 de abril de 1965 en Iocoama, é un enxeñeiro aeronáutico e astronauta xaponés. Foi o quinto xaponés en viaxar ao espazo.

Infotaula de personaSoichi Noguchi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 野口 聡一 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Iocoama, Xapón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo344 días, 9 horas e 33 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Twitter: Astro_Soichi Instagram: astro.soichi Youtube: UCBVlapkCKb48RrbEKXKouag WikiTree: 野口-14 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que nado en Yokohama, pasou a súa infancia na cidade de Chigasaki. Entre 1984 e 1989 estudou na Universidade de Toquio onde se licenciou e doutorou en Enxeñería Aeronáutica[1]. Despois de graduarse, Noguchi traballou para a empresa Ishikawajima-Harima, na área de I+D do seu departamento de aeronáutica e traballou no deseño de aerodinamicidade de avións comerciais[2].

A Noguchi seleccionárono como candidato a astronauta na Axencia Xaponesa de Exploración do Aerospazo en xuño de 1996. Dous meses despois comezou o seu adestramento nas instalacións da NASA en Johnson Space Center. Ao cabo de dous anos obtivo a cualificación de especialista de misión, e marchou a Rusia a proseguir a súa fomarción no Centro Gagarin de Adestramento de Cosmonautas en 1998. Incorporouse ao equipo técnico do módulo xaponés da Estación Espacial Internacional e en abril de 2001, como tripulante da STS-114.

Noguchi foi en 2009 na tripulación da Soiuz TMA-17[2]. Cando estaba no espazo, en viaxes desenvolvidas en 2010, tomou diversas fotografías da Terra e publicounas en Twitter, a través de Twitpic. Entre esas fotos estaba unha da ría de Vigo[3].

Notas editar

  1. Astronaut Bio: Soichi Noguchi Arquivado 02 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (5/2008), NASA, consultado o 9/9/2009
  2. 2,0 2,1 Astronaut Bio: Soichi Noguchi (5/2008) Arquivado 02 de xullo de 2012 en Wayback Machine., NASA, consultado o 9/9/2009.
  3. Soichi Noguchi, propuesto hijo adoptivo de Vigo Arquivado 25 de setembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 23/9/2010

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar