Sofía Chotek
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
Sofía María Xosefina Albina Chotek, nada en Stuttgart o 1 de marzo de 1868 e finada en Saraxevo o 28 de xuño de 1914, foi duquesa de Hohenberg e a dona do arquiduque de Austria Francisco Fernando, herdeiro do Imperio Austrohúngaro.
(década de 1910) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1868 Stuttgart (Reino de Württemberg) |
Morte | 28 de xuño de 1914 (46 anos) Saraxevo (Imperio Austrohúngaro) |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Castelo Artstetten (pt) |
Actividade | |
Ocupación | dama de compañía, fotógrafa |
Outro | |
Título | Duquesa |
Familia | Chotek family (en) |
Cónxuxe | Francisco Fernando de Austria (1900–valor descoñecido) |
Fillos | Sofia de Hohenberg, Maximiliano de Hohenberg, Ernesto de Hohenberg, stillborn son von Hohenberg |
Pais | Bohuslav, Count Chotek of Chotkow and Wognin e Wilhelmina Gräfin Kinsky von Wchinitz und Tettau |
Irmáns | Count Wolfgang Chotek von Chotkowa und Wognin Countess Karoline Chotek von Chotkowa und Wognin |
Cronoloxía | |
28 de xuño de 1914 | Asasinato de Saraievo |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Women Worldwide History of Everyday Life Database (en) >>>:Chotková, Žofie, hraběnka, vévodkyně z Hohenbergu, 1868-1914, |
Traxectoria
editarNaceu en Stuttgart, no seo dunha familia da nobreza bohemia, cuarta filla do Bohuslaw Chotek, conde de Chotkova und Wognin e a súa esposa, Wilhelmine Kinsky, condesa de Wchinitz und Tettauy. De moza foi dama de compañía da arquiduquesa Sabela, dona do arquiduque Federico de Austria.
En 1888 coñeceu ao que sería o seu esposo, nun baile en Praga, co cal comezaría unha relación amorosa segreda. Francisco Fernando aproveitaría as visitas aos seus familiares para ver a Sofía, pensando estes que se namorara de María Cristina, irmá máis vella do arquiduque Federico. Cando a arquiduquesa Sabela se decatou da relación, despediu a Sofía creando un escándalo na sociedade da época.
O emperador Francisco Xosé negouse a que Francisco Fernando e Sofía casasen, xa que ao ser o seu sucesor debía casar cun membro da familia Habsburgo ou dalgunha casa real europea, e Sofía non reunía estes requisitos. Con todo Francisco Fernando insistiu en que non contraería matrimonio con outra muller se non era con Sofía.
A pesar da negativa do emperador, Francisco Fernando e Sofía casaron en 1899, cando o emperador Francisco Xosé accedeu a que estes tivesen un casamento morganático, coa condición de que os seus fillos non tivesen dereito ao trono austrohúngaro. En 1905 foi concedido a Sofía o título de Duquesa de Hohenberg, o que lle permitía ser tratada como Alteza, aínda que este tratamento era inferior ao de Arquiduquesa de Austria.
Sofía e Francisco Fernando tiveron tres fillos: Sofía de Hohenberg (1901-1990), Maximiliano de Hohenberg (1902-1962) e Ernesto de Hohenberg (1904-1954).
En 1914, o xeneral Oskar Potiorek, gobernador da provincia austrohúngara de Bosnia-Hercegovina, invitou a parella a presenciar unhas manobras militares en Saraxevo, viaxe que Francisco Fernando considerou perigoso por mor do latente nacionalismo bosníaco. Sofía, que non adoitaba acompañar ao seu esposo en viaxes oficiais, fíxoo esta vez como regalo de aniversario.
Foi o 28 de xuño de 1914 cando a parella chegou a Saraxevo e, ao comezo da súa visita pola cidade en coche descuberto, lles guindaron unha granada que estoupou xunto ao coche contiguo. Ante a magnitude dos feitos e ao haber feridos, víronse obrigados a ir rapidamente ata o hospital máis próximo, pero ao dobrar unha esquina foron asasinados a tiros polo terrorista bosníaco Gavrilo Princip, acto que pasou á historia como o Atentado de Saraxevo e que foi causa directa do estoupido da primeira guerra mundial.
Sofía e máis o seu esposo descansan na cripta do castelo de Schloss Artstetten, onde hai un museo dedicado á súa memoria.