Sociedade dos Misioneiros de San Paulo

A Sociedade dos Misioneiros de San Paulo (en latín: Societas Missionarium Sancti Pauli; en árabe: جمعية مرسلين القدّيس بولس, "Xamaiah Mursilin al-Qudis Bulus") é unha sociedade de vida apostólica de dereito diocesano, dependente do patriarcado greco-melquita de Antioquía. Os membros da sociedade, coñecidos popularmente como paulistas, engaden ao seu nome as siglas S.M.S.P.

Sociedade dos Misioneiros de San Paulo
Societas Missionarium Sancti Pauli
جمعية مرسلين القدّيس بولس ("Xamaiah Mursilin al-Qudis Bulus")
Basílica de San Paulo de Harisa, igrexa nai da sociedade
Sociedade de vida apostólica da Igrexa católica greco-melquita
Historia
Fundación15 de agosto de 1903 en Harisa, Líbano
FundadorXirmanus Muaqad
Aprobación5 de agosto de 1925, por Demetrio I Qadi
Goberno e estrutura
SuperiorXurx Khawam
Outros datos
SiglasS.M.S.P.
Sede centralHarisa, Líbano

Historia editar

A congregación foi fundada en Harisa polo bispo de Balbik Xirmanus Muaqad: constatando a grande ignorancia relixiosa dos seus fieis, tivo a idea de estabelecer un grupo de sacerdotes que predicasen en misións populares nas zonas rurais do Líbano. O patriarca de Antioquía Gregorio II Yusif apoiou o proxecto, e o papa León XIII aconselloulle poñer a súa obra baixo a intercesión de san Paulo.

O 15 de agosto de 1903 Muaqad comezou el mesmo a vida en común xunto a un sacerdote, un diácono e un laico. O 5 de agosto de 1925 a sociedade foi aprobada polo patriarca Demetrio I Qadi.

Actividade e difusión editar

Os padres paulistas dedícanse ás misións populares, ao apostolado da prensa, e ao diálogo ecuménico cos ortodoxos antioquenos. Dende 1968, por iniciativa do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso, tamén se ocupan das relacións cos musulmáns.

En 1974 a sociedade contaba con 55 membros repartidos en 6 casas.

Superiores editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bacha, H. (1978). "Missionari di San Paolo". Dizionario degli istituti di perfezione V. Milán: Edizioni paoline.