Abrir o menú principal

A Sociedade Atlética Redondela, tamén coñecida polo seu acrónimo S.A.R. Balonmán , é un equipo de balonmán da vila pontevedresa de Redondela. Por motivos de patrocinio, na tempada 2016-2017 denomínase S.A.R Centro Médico Cesantes.[1] Foi fundado o 6 de agosto de 1963, malia que non se produciu o debut en competicións oficiais até 1964. O seu primeiro presidente foi Pedro Regojo Otero, fundador da empresa téxtil homónima, quen tamén patrocinaba ao equipo.

S.A.R
S.A.R. Balonmán.JPG
Nome completoSociedade Atlética Redondela
CidadeRedondela, Galicia Galicia
Historia1963-
Fundado1963
PavillónPavillón de A Bombonera Redondela
PresidenteGalicia Aurelio Krook Moldes
AdestradorGalicia -
CompeticiónDivisión de Honor Plata (F) 1ª Nacional (M)
Cores          branco e verde
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Kit body unknown.png
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial

Na tempada 2017-2018 milita na Primeira Nacional o equipo masculino, e en División de Honor Prata o equipo femenino. Xoga os seus partidos como local no Pavillón de A Bombonera.

HistoriaEditar

A fundación da Sociedade Atlética Redondela produciuse no ano 1963, da man do empresario redondelán José Regojo.

Daquela, a primeira directiva estivo formada polos seguintes integrantes:

  • Presidente: Pedro Regojo Otero
  • Vicepresidente: Lino Velo Amaro
  • Secretario: Antonio Soto López
  • Tesoureiro: Alfonso Figueiral Hermida

Catro anos máis tarde, cando o equipo masculino xa tivera unha bagaxe de tres anos dende o seu primeiro partido oficial, formouse a categoría absoluta feminina do club.

Escudo e coresEditar

O escudo da SAR fica conformado por unha esfera con fondo branco sobre a que se asenta unha cuncha de vieira amarela, con trazos negros nas marxes. Na periferia da circunferencia branca, e arrodeándoa, debúxase unha liña verde que percorre o perímetro case na súa totalidade, unicamente interrompida polas siglas "SAR" en cor vermella e maiúsculas.

Habitualmente a SAR xoga os seus partidos como local, independentemente da categoría, cunha camisola verde e pantalón branco.

EquipoEditar

Na tempada 2016-2017 o primeiro equipo masculino estaba conformado polos seguintes xogadores:

Posto País Xogador
POR   Abraham Álvarez
POR   Alejandro Ferreira
POR   Alejandro Pazos
DEF   André Pérez
DEF   David Muíños
DEF   David Puga
DEF   Francisco Javier Vidal
DEF   Gabriel Pazos
DEF   Hugo López
DEF   Khalid Baatti
MED   Miguel Couñago
MED   Nicolás Manuel Nantes
MED   Martín Fernández
MED   Lois Lago
MED   Ricardo Domínguez
MED   Sergio Couñago

NotasEditar

  1. Federacón Galega de Balonmán (ed.). "Team Card". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar