Sitio trinacional de Sangha

Coordenadas: 2°36′34″N 16°33′15″L / 2.60944, -16.55417

O sitio trinacional de Sangha é un bosque dividido entre as nacións da República Centroafricana, o Camerún e a República do Congo. Foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2012 debido á súa extraordinaria biodiversidade e comunidades biolóxicas únicas.[1][2] O sitio inclúe 3 parques nacionais contiguos dentro dos bosques tropicais húmidos de África central: o Parque Nacional Nouabalé-Ndoki no Congo, o Parque Nacional Lobéké no Camerún e o Parque Nacional Dzanga-Ndoki na República Centroafricana. O gran tamaño do sitio e a cantidade relativamente limitada de deforestación nos tres parques permitiu que prosperen poboacións de especies vulnerables como elefantes africanos do bosque, gorilas, sitatungas e chimpancés.[1] Ademais, as poboacións de especies vexetais en perigo crítico de extinción como mukulungu están protexidas dentro dos límites do lugar.

Sitio trinacional de Sangha
Elefante africano de bosque no bosque de Sangha.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísRepública Centroafricana República Centroafricana
Congo República do Congo
Camerún Camerún
TipoNatural
Criteriosix, x
Inscrición2012 (XXXVI sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador1380rev

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Sangha Trinational". UNESCO. Consultado o 2 de setembro de 2012. 
  2. Gerken, James (9 de xullo de 2012). "Sangha Tri-National Protected Area Declared A World Heritage Site". huffingtonpost. Consultado o 3 de setembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar